ENCONTRO. RODRIGO CORTÉS, ARTURO GONZÁLEZ-CAMPOS E JUAN GÓMEZ JURADO
DOMINGO 8 ÁS 12:00H. AUDITORIORodrigo Cortés, Arturo González-Campos e Juan Gómez-Jurado, integrantes dos recoñecidos podcasts Todopoderosos e Aquí hay dragones, participarán nun encontro co noso público no que falarán da irrupción do son na historia do cinema.
Ningunha das transformacións ao longo da evolución do cinema foi tan relevante como a incorporación do son. Isto supuxo unha revolución que mudou para sempre tanto a maneira de producir filmes como os códigos establecidos na linguaxe cinematográfica. O cinema sonoro non influiu tan só na industria, senón que modificou por completo a experiencia do público.