ENCONTROS PROFESIONAIS. DIÁLOGOS SOBRE COMPOSICIÓN

SÁBADO 6 ÁS 11:00H. SALA MULTIUSOS

A mañá das Xornadas cinematográficas estará ocupada por tres diálogos entre profesionais do mundo da composición para cine e series, cuns emparellamentos pensados para xuntar a profesionais con ampla carreira no sector con persoas máis noveis. Esas conversas culminarán tras o terceiro diálogo cun encontro entre os seis profesionais, no que o público asistente tamén poderá participar.

No primeiro diálogo da xornada atoparanse Alicia Morote e Gustavo Gill, que falarán sobre como dar os primeiros pasos no sector da música para cine e dos procesos de escritura, produción e narrativa da canción. Xuntos analizarán os condicionantes artísticos, dramáticos e técnicos que poden presentar eses procesos.

A segunda conversa estará protagonizada por Iván M. Lacámara e Mara Villavicencio e terá a tecnoloxía como piar fundamental. Lacámara e Villavicencio falarán de como os sintetizadores e a hibridación sonora afectan á linguaxe musical audiovisual, ao tempo que afondarán na importancia dos “temp tracks” ou referencias musicais provisionais.

Alberto Torres e Gabi Martínez atoparanse nunha terceira conversa para abordar a relación entre o deseño sonoro e a música, así como da construción dun guión musical que permita estruturar a narrativa.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.