ESPECTÁCULO. A FEIRA DAS ILUSIÓNS
SÁBADO 20 DE 12:00 A 13:30H E DE 16:30 A 18:00H. EXTERIORES DO CENTRO SOCIAL DO MAR
A orixe do cinema é o fío condutor desta instalación artística, un espazo expositivo no que a través de zootropos, praxinoscopios e demais inventos descubriremos como xorderon as imaxes en movemento.
A feira das ilusións é unha instalación teatralizada a modo de feira ambulante de enxeños ambientada no século XIX. O espectáculo, organizado pola agrupación burgalesa Errabundo Pelele, ofrece un paseo pola historia dos xoguetes ópticos e as ilusións visuais que deron lugar ao nacemento do cinema.
O público poderá acceder de balde á instalación para coñecer á familia Reynaud, uns feirantes vidos do pasado, que realizarán unha visita guiada pola mostra. A compañía Errabundo Pelele realizará entre as 12:00h e as 13:30h e as 16:30h e as 18:00h varios pases de aproximadamente 15 minutos deste espectáculo teatralizado.
