

FALADOIRO
DE LUNS 13 A VENRES 17 ÁS 21:30 HORAS / PUNTO DE ENCONTROAo finalizar cada sesión da Sección Internacional das oito da tarde terá lugar un faladoiro aberto ao público coa intención de compartir as impresións sobre os filmes visionados. Nel, as espectadoras e espectadores poderán participar nunha breve conversa moderada por un membro do equipo FICBUEU.
Con este espazo de debate enriqueceremos as proxeccións e fomentaremos a reflexión sobre os filmes, afondando nos mesmos grazas ao intercambio de ideas. Os faladoiros suporán un punto de encontro informal no que calquera espectadora ou espectador poderá achegar as súas impresións sobre os filmes visionados.