FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
FILME DE APERTURA: UN BLUES PARA TEHERÁN

FILME DE APERTURA: UN BLUES PARA TEHERÁN

VENRES 10 ÁS 22:00 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

Tras o Acto Inaugural, a primeira xornada do FICBUEU contará coa proxeción do filme Un blues para Teherán. O seu director, Javier Tolentino, estará presente na sala para falarnos da súa primeira longametraxe. Nela narra a historia de Erfan, un mozo kurdo que canta, escribe poesía, vive cos seus pais e quere ser director de cine. Xunto ao protagonista descubriremos un Irán onde se mesturan tradición e modernidade. 

Tolentino, licenciado en Ciencias da Información, dirixiu e presentou o programa de radio El Séptimo Vicio, dedicado ao cine de autor durante máis de vinte anos. Unha vez finalizada a súa etapa na radio, o director continuará experimentando no campo das longametraxes cun novo proxecto tamén moi ligado á música.