FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
FILME DE PECHE: SOLE

FILME DE PECHE: SOLE

DOMINGO 19 ÁS 21:30 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

Como despedida da décimo cuarta edición do festival, o director italiano Carlo Sironi presentará a súa primeira longametraxe, o filme Sole.

No seu filme, Sironi achéganos a historia de Ermanno, un mozo que pasa os días apostando e roubando, e Lena, unha rapaza que chega a Italia embarazada de sete meses. Da man da peculiar parella o espectador descubrirá un melodrama social que aborda a problemática da xestación subrogada en Italia.  

Sironi é un recoñecido director de curtametraxes, que lle valeron diversos galardóns. Con Sole recibiu unha moi boa acollida no festival de Venecia. Despois desta experiencia, o autor está traballando no que será o seu segundo filme, unha historia de adolescentes e verán.