FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
GALA DE CLAUSURA

GALA DE CLAUSURA

DOMINGO 19 ÁS 18:15 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

O peche da 14ª edición do FICBUEU contará coa música en directo de Two in the Mirror nos aledaños do Centro Social do Mar que dará paso á Gala de Clausura. 

Durante o acto entregaranse os 18 premios do palmarés do FICBUEU 2021 e poderemos visionar as curtametraxes galardoadas cos premios principais. Nesta cerimonia estarán presentes algunhas das autoras e autores das obras que formaron parte desta edición do festival, as e os integrantes dos distintos xurados e diferentes autoridades públicas.

A Asociación Cultural Alfombras de Corpus de Bueu confeccionará nas inmediacións do auditorio unha alfombra floral especialmente deseñada para o evento, coa que aunaremos o cinema e a cultura bueuense, dándolle a coñecer aos nosos visitantes unha das tradicións máis arraigadas da nosa vila.