

GALA ESCOLAS GALEGAS
SÁBADO 23 ÁS 11:30 H / AUDITORIOPresentada por Olalla González e Marc Taeger, a oitava edición da Gala Escolas Galegas será a celebración das curtametraxes do ensino galego. No acto, estarán presentes os centros de ensino finalistas de cada categoría: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria.
Durante a gala, teremos a oportunidade de visionar as obras seleccionadas. Farase entrega do galardón ás curtas gañadoras de cada categoría, así como de diplomas a todos os centros participantes.