FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
GALA ESCOLAS GALEGAS

GALA ESCOLAS GALEGAS

DOMINGO 19 ÁS 10:30 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR DE BUEU

A última xornada do FICBUEU acollerá por sexto ano consecutivo a Gala Escolas Galegas, un acto conducido por Bea Campos que contará coa presenza das e dos creadores das curtametraxes da Sección Escolas Galegas.

Neste encontro co audiovisual feito dende os centros de ensino e alén de asisitir á entrega dos galardóns, poderanse visionar os tres filmes gañadores en cada categoría: Educación Especial, Infantil e Primaria; Educación Secundaria e Escolas de Imaxe e son e Facultades.