FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
IV MERCADO DA CURTAMETRAXE

IV MERCADO DA CURTAMETRAXE

DO 10 AO 19 DE SETEMBRO / MUSEO MASSÓ

O IV Mercado da Curtametraxe contará este 2021 coas máis de dúas mil curtas inscritas na décimo cuarta edición do FICBUEU. A través de equipos instalados no Museo Massó, profesionais acreditados da industria audiovisual poderán acceder ao visionado exclusivo das curtametraxes e aos datos de contacto das produtoras. O obxectivo principal desta actividade é o de fomentar a distribución, exhibición e promoción do cinema en formato curto dentro da nosa comunidade autónoma.

O mercado estará dispoñible do 10 ao 19 de setembro na planta baixa do Museo Massó, en horario continuado entre as 10:00 e as 20:00 horas. Para acceder a este as e os profesionais deberán solicitar a súa acreditación a través do correo electrónico: prensa@ficbueu.com.