

LUDOTECA
DO 11 AO 16 DE SETEMBRO / PRIMEIRO ANDAR DO CENTRO SOCIAL DO MARNesta 16ª edición do festival e en liña co noso compromiso coa igualdade, presentamos un novo proxecto: a Ludoteca FICBUEU. A conciliación familiar é un tema recorrente no tocante ao laboral, pero é moitas veces esquecida cando se trata de ocio e cultura. Por esta razón prestaremos un servizo de Ludoteca para facilitar a asistencia a nais e pais ás proxeccións e actividades.
A Ludoteca, ubicada no primeiro andar do Centro Social do Mar, será un espazo de encontro destinado ás crianzas de entre tres e once anos, onde a rapazada poderá realizar distintas propostas de actividades relacionadas co cinema ao tempo que desenvolven as súas habilidades sociais nun entorno lúdico. Co fin de que as familias, nais, pais, titoras ou titores poidan desfrutar da programación do festival, a Ludoteca estará dispoñible entre o luns 11 ata o sábado 16, en horario de 17:30 a 21:00, o que posibilita a asistencia a todas as sesións da Sección Oficial e aos programas de radio.