

V MERCADO DA CURTAMETRAXE
DO 11 AO 18 DE SETEMBRO / MUSEO MASSÓProfesionais da industria audiovisual poderán visionar todas as curtametraxes inscritas na décimo quinta edición do FICBUEU. A través de equipos instalados no Museo Massó terán acceso exclusivo aos filmes, así como aos datos de contacto das produtoras e distribuidoras, co obxectivo de fomentar e favorecer a programación e difusión de curtametraxes na nosa comunidade autónoma.
O mercado estará dispoñible entre o 11 e o 18 de setembro na planta baixa do Museo Massó, en horario continuado entre as 10:00 horas e as 20:00 horas, agás o luns. Para acceder deberá solicitarse unha acreditación a través do correo electrónico: info@ficbueu.com.