MESA EN LIÑA. ARTE E PROPAGANDA. O CINEMA DE ENTREGUERRAS

SÁBADO 7 ÁS 17:00H. SALA MULTIUSOS

Parte do equipo de La escóbula de la Brújula, un dos podcasts máis relevantes centrados en historia e cultura, abordará o período de entreguerras nesta mesa redonda. Durante este período, o cine foi utilizado tanto como ferramenta de propaganda e dominación, así como medio de crítica política e liberdade creativa.

As e os participantes ofrecerán unha visión xeral centrada na Revolución Rusa e no cine soviético ,entre a vangarda e a propaganda; no Expresionismo Alemán e no totalitarismo nazi; e en como a Gran Depresión (1929-1939), a peor recesión económica no mundo industrializado, se reflectiu no cine global.

Esta mesa en liña poderase seguir a través da retransmisión en directo nas redes do festival, así como na Sala Multiusos onde será proxectada.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.