FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
MESA PROXECTA: A COMUNICACIÓN NOS FESTIVAIS DE CINEMA

MESA PROXECTA: A COMUNICACIÓN NOS FESTIVAIS DE CINEMA

SÁBADO 18 ÁS 11:00 HORAS / MUSEO MASSÓ

A través deste encontro, profesionais da comunicación de diferentes festivais de cinema de Galicia porán en común as súas experiencias e perspectivas sobre o seu labor; abordando as estratexias comunicativas dende o punto de vista da xestión e planificación das redes sociais, da imaxe corporativa, da prensa ou da publicidade en medios.

A actividade, aínda que dirixida ás e aos compoñentes dos equipos de comunicación dos festivais de cinema, estará aberta ao público de forma que outros profesionais de eventos culturais e persoas interesadas poidan reflexionar e tirar aprendizaxes para mellorar a comunicación externa dos seus eventos.