MESA REDONDA. COLONIZACIÓN AUDIOVISUAL E RESISTENCIA PERFORMATIVA NO CINEMA CONTEMPORÁNEO

SÁBADO 5 ÁS 18:30 H. SALA MULTIUSOS

Conversa entre Álvaro Peña, Yago Paris, Pepa Llausás e Ariadna Cordal sobre a colonización audiovisual. O debate explorará o fracaso da combatividade e a resistencia aos focos de opresión e marxinalización das novas autorías fronte ao cine combativo dos 60 e 70 ou as cinematografías marxinais que eclosionaron nos anos 90 e 2000 grazas a internet e os novos formatos físicos. Centrándose nas estruturas formais e narrativas que atravesan a produción audiovisual contemporánea, cuestionarase en que medida as novas creadoras e creadores poden chegar a colaborar tacitamente cos poderes aos que din resistirse.

Yago Paris é docente postdoutoral no Departamento de Artes e Humanidades da Universidad Rey Juan Carlos de Madrid e exerce como crítico en revistas como Cine Divergente (da que é cocoordinador) e El Antepenúltimo Mohicano, creou o pódcast Críticas Sobre La Marcha e coeditou o libro Lo que nunca volverá: la infancia en el cine (2022). 

Álvaro Peña, licenciado en Estudos de Asia Oriental, é cocoordinador de Cine Divergente. Participou en publicacións como  La paranoia contemporánea. El cine en la sociedad del control (2019), Lo que nunca volverá: la infancia en el cine (2022), ou Blade Runner: Siguen soñanado los androides (2023), e coordinou diferentes libros sobre cine, como El legado de Akira Kurosawa (2018). Ademais fundou a revista en liña Cosas de Cine e o pódcast Perros Verdes. 

Pepa Llausás é analista de narrativas, escritora e ensaísta, e centrou a súa carreira no estudo e ensinanza de guión e actualmente na investigación de estruturas narrativas e imaxinarios colectivos. Creou a teoría da Narrasis e dirixe Calma Gris, selo editorial e pódcast de análise cultural.  

Ariadna Cordal é directora, montadora e investigadora, formada en montaxe audiovisual e doutora pola Universitat Pompeu Fabra. No campo da dirección, realizou curtas como They Ponder (2017), Papá por que quitas a música (2019) e O patio (2024).

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.