FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
MESA EN LIÑA: O FINANCIAMENTO NOS FESTIVAIS DE CINEMA

MESA EN LIÑA: O FINANCIAMENTO NOS FESTIVAIS DE CINEMA

MARTES 14 ÁS 18:00 HORAS / FACEBOOK E YOUTUBE

Esta actividade, dirixida a conversar sobre as diferentes estratexias e modelos de financiamento nos festivais de cinema, desenvolverase de xeito online e nela participarán tres festivais de relevancia internacional que contan con modelos de financiamento diferenciados.

Contaremos coa presenza de Tim Redford, representando a Clermont-Ferrand en Francia; Roxana Alejo, representando a Morelia en México; e Alejandro Díaz, representando ao Festival Internacional de Cine de Gijón.

A mesa estará moderada por Elena Subirà, presidenta de Pantalla, Federación Estatal de Coordinadoras de Festivales de Cine y Contenidos Audiovisuales.

O debate retransmitirase en directo a través das canles de Facebook e Youtube do FICBUEU, onde o público poderá ir formulando ademais as súas preguntas e comentarios.