Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility OBRADOIRO DE CINEMA: O ZOÓTROPO • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Actividades

← Volver
OBRADOIRO DE CINEMA: O ZOÓTROPO

OBRADOIRO DE CINEMA: O ZOÓTROPO

SÁBADO 23 ÁS 16:00 H / SALA MULTIUSOS

Este obradoiro ofrecerá á rapazada participante unha oportunidade para experimentar e reflexionar sobre a importancia das imaxes fixas no cinema a través da construción dun zoótropo xigante. O zoótropo foi un xoguete moi popular na súa época e un dos avances que permitiu a aparición do cinema. A fabricación deste xoguete axudaranos a comprender a natureza da imaxe en movemento e as ilusións ópticas e a descubrir as posibilidades do cine como xogo de maxia.

Para acudir, é preciso facer unha inscrición previa no despacho de billetes ou a través do seguinte correo electrónico: mariarey@ficbueu.com


O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content