FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
OBRADOIRO DE DESENVOLVEMENTO DE GUIÓN CON AGAG

OBRADOIRO DE DESENVOLVEMENTO DE GUIÓN CON AGAG

ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA

Catro proxectos de curtametraxe en fase de guión serán titorizados por guionistas profesionais pertencentes á Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG).

Neste obradoiro as e os titores estudarán e analizarán os textos orientando ás creadoras e creadores de xeito personalizado. O obxectivo da actividade é xerar un espazo para a creación e desenvolvemento dos proxectos, coa intención de fortalecelos de cara a súa realización.