FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
OBRADOIRO DE PLANIFICACIÓN DA RODAXE CON CREA

OBRADOIRO DE PLANIFICACIÓN DA RODAXE CON CREA

ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA

Obradoiro en colaboración coa Asociación de Profesionais da Dirección e a Realización de Galicia (CREA) no que dúas persoas desta entidade titorizarán proxectos de curtametraxe en fase de desenvolvemento. Para levalo a cabo, previamente foron seleccionados catro propostas que durante esta xornada traballarán en torno á planificación da rodaxe e a posta en escena.

Isto permitiralles mellorar as súas planificacións e afrontar as rodaxes con maior seguridade, contando co análise e puntos de vista de profesionais con ampla experiencia no mundo da dirección cinematográfica.