Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Obradoiro de storyboard • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Actividades

← Volver
Obradoiro de storyboard

Obradoiro de storyboard

VENRES 23 ÁS 16:00 H / SALA MULTIUSOS DO CENTRO SOCIAL DO MAR

Na última xornada do MiniFIC, Gáidil Bueu achegaranos á creación dun storyboard; as e os asistentes transformarán en imaxes unha pequena historia, descubrindo as potencialidades do guión gráfico como potente ferramenta á hora de planificar a creación e rodaxe dun filme.

Josuha XanBreo, profesor de debuxo, cómic e ilustración; dirixirá esta actividade guiando a rapazada desde a lectura e comprensión da historia ata a súa transformación en imaxes, fomentando a creatividade, a imaxinación e desenvolvendo a nosa capacidade para plasmar ideas.