FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
PALESTRA: O CARTEL DA PELÍCULA CON BARFUTURA

PALESTRA: O CARTEL DA PELÍCULA CON BARFUTURA

SÁBADO 11 ÁS 11:30 HORAS / PUNTO DE ENCONTRO

Sergio González Kuhn será o responsable de impartir esta palestra sobre un dos oficios que rodean á industria cinematográfica: A cartelería e a imaxe corporativa dun filme.

Sergio descubrirá todo o que hai detrás do proceso de creación dunha campaña gráfica dun filme, unha das partes máis relevantes na súa promoción. Repasará todas as fases de creación dun proxecto, dende que se orixina ata que sae á luz, introducíndonos á súa propia traxectoria e  repasando a historia do cartel cinematográfico.

O director de Barfutura estudou deseño gráfico no Pratt Institute de Nova Iorque, tempo no que compaxinou os seus estudos con traballos de deseño interactivo para importantes firmas neoiorquinas. Máis adiante trasladouse a Xapón, asociándose a Ashley Associates en Tokio, o que lle permitiu ampliar os seus coñecementos en impresión e interactivos. No ano 2003 regresa a Madrid e crea Barfutura, un dos estudios de deseño gráfico relacionados co cinema máis importantes da nosa industria.