FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
PALESTRA: STOP MOTION CON SONIA IGLESIAS

PALESTRA: STOP MOTION CON SONIA IGLESIAS

DOMINGO 12 ÁS 11:30 HORAS / PUNTO DE ENCONTRO

Clase maxistral a cargo de Sonia Iglesias, model maker especializada na construcción de bonecos para animación stop motion.

Nesta palestra o público poderá descubrir como é a rodaxe dun filme de stop motion, coñecer a técnica e ver o que sucede detrás das cámaras. A través de imaxes de diferentes filmes nos que Sonia ten traballado achegarémonos a esta antiga técnica de animación.

Sonia Iglesias comezou a súa carreira profesional no mundo da animación na longametraxe  O Apóstolo, de Fernando Cortizo, o primeiro filme de stop motion realizado en España. Isto levouna a comezar a súa carreira internacional, marchando a Londres para traballar con Tim Burton en Frankenweenie, e posteriormente nos prestixiosos Estudios Aardman en Bristol. Algunhas das películas máis relevantes nas que ten traballado son Ma vie de Courgette, de Claude Barras, Dyrene i Hakkebakkeskogen, de Pedri Animation, Isle of Dogs, de Wes Anderson, etc.