PRESENTACIÓN CADERNO FICBUEU #5. JONAS MEKAS

SÁBADO 14 ÁS 11:00H. PUNTO DE ENCONTRO

O Caderno FICBUEU #5 está elaborado pola investigadora, docente e fotógrafa musical Nieves Febrer e abordará a figura do destacado cineasta Jonas Mekas, a quen se lle dedica a Sección Retrospectiva. O cineasta foi unha figura clave na escena artística e cinematográfica de Nova York, especialmente durante as décadas de 1950 e 1960, e é unha das figuras máis célebres do cinema independente.

Nieves Febrer presentará o Caderno FICBUEU #5 facendo un percorrido pola traxectoria de Jonas Mekas, centrándose nas curtametraxes proxectadas na Sección Retrospectiva. O acto contará coa representación da Secretaría Xeral de Política Lingüística que apoia un ano máis a publicación do Caderno FICBUEU.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.