FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
PRESENTACIÓN CADERNOS FICBUEU #2: NATIONAL FILM BOARD OF CANADA

PRESENTACIÓN CADERNOS FICBUEU #2: NATIONAL FILM BOARD OF CANADA

LUNS 13 ÁS 16:30 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

Severiano Casalderrey Conde, autor do segundo caderno FICBUEU, será o encargado de presentar esta publicación centrada no estudo das curtametraxes do National Film Board of Canada, a maior produtora de carácter público do mundo.

Con esta actividade, alén da presentación, daremos comezo á Sección Retrospectiva deste ano proxectando o filme In the Labyrinth de 1979. A Sección estenderase ao longo de toda a semana e fará un repaso das producións cinematográficas entre o 1965 e o 1983, época dourada da curtametraxe no NFB/ONF.

O FICBUEU amplía o seu carácter divulgativo e investigador a través deste monográfico para afondar nun tema de recoñecido valor para a Historia do Cinema.