

PRESENTACIÓN CADERNOS FICBUEU #3
SÁBADO 17 ÁS 11:00 H. / PUNTO DE ENCONTRO.Dende a súa creación, a Sección Retrospectiva leva aparellada unha publicación editada en galego e inglés conformando a colección Cadernos FICBUEU. Esta edición presentaremos o terceiro volume dos Cadernos FICBUEU, dedicado ás curtametraxes creadas na Escola Oficial de Cinematografía de España, baixo o título As prácticas do Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas e a Escuela Oficial de Cinematografía como primordio dun novo cinema español (1947-1976).
Severiano Casalderrey, o autor dos Cadernos FICBUEU, será o encargado de realizar a presentación desta última publicación en materia cinematográfica, facendo un repaso polos contidos do caderno. Nesta actividade contaremos ademais coa intervención de representantes da Secretaría Xeral de Política Lingüística.