FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
PRESENTACIÓN DA WEBSERIE CACOLA DE DAVID FIDALGO

PRESENTACIÓN DA WEBSERIE CACOLA DE DAVID FIDALGO

DOMINGO 12 ÁS 18:00 HORAS / CENTRO SOCIAL DO MAR

David Fidalgo Omil presentará Cacola, unha webserie de animación dixital 2D que narra as aventuras e desventuras dunha personaxe que todo animal ou persoa leva no seu interior; unha caca. 

Fidalgo abordará as motivacións que o levaron a realizar esta serie, como foi o proceso de creación e os plans de futuro para a mesma. Durante a presentación proxectaranse os tres primeiros capítulos, que aínda non están dispoñibles na rede, e un cuarto episodio que fará a súa estrea no FICBUEU.  

O director e creador de Cacola estudou Belas Artes e un máster en Libro Ilustrado e Animación en Pontevedra. Ten realizado traballos de animación no ámbito da ficción, do cinema experimental e dos vídeos musicais. Entre os seus filmes destacan as curtametraxes Cartas a Superman  e Homomaquia, esta última nominada aos Premios Goya e pola que recibiu o premio Mestre Mateo á mellor curtametraxe de animación. 

*Actividade non recomendada para menores de 13 anos