

PRESENTACIÓN I RESIDENCIA FICBUEU
LUNS 11 ÁS 12:00 H / PUNTO DE ENCONTRODurante a décimo sexta edición do FICBUEU realizaremos a presentación da I Residencia FICBUEU, un programa formativo destinado a desenvolver curtametraxes sen realizar, centrándose especialmente no traballo de guión. A residencia será na illa de Ons e contará coa titorización da galardoada guionista Isabel Peña. Durante a presentación do luns 11, realizarase unha explicación sobre o proxecto, os obxectivos e o seu desenvolvemento, e serán anunciadas publicamente as curtas seleccionadas para a súa primeira edición.