PROXECCIÓN. THE CONVERSATION
SÁBADO 7 ÁS 21:00H. AUDITORIOO filme The Conversation, realizado en 1974 por Francis Ford Coppola, será a longametraxe proxectada no FICBUEU. Esta proxección culminará o programa das III Xornadas Cinematográficas dedicadas a profundar sobre a influencia do contexto histórico no cinema.
Este filme supuxo unha gran contribución á historia do cinema e foi distinguido con prestixiosos recoñecementos internacionais como a Palma de Ouro no festival de Cannes e numerosos nomeamentos aos Oscar ou aos Globos de Ouro, entre outros.
Eclipsada pola estrea de El Padrino II, este thriller de Francis Ford Coppola preséntanos unha desacougante trama arredor das escoitas como método de espionaxe.
A película é un reflexo do clima social e político dos Estados Unidos nos anos 70, onde o caso Watergate fora un escándalo internacional. A partir deste momento, máis aló dos intereses políticos, calquera persoa podía ser vixiada. Foi o comezo dunha nova era.