

Proxección: Zerkalo de Andréi Tarkovski
SÁBADO 24 ÁS 21:00 H. / SALA MULTIUSOS DO CENTRO SOCIAL DO MARPecharemos a primeira edición das xornadas cinematográficas coa proxección do filme Zerkalo (1975), unha das obras máis representativas do cineasta ruso. Tarkovski é o autor coa visión teórica máis definida do fenómeno do tempo como medio de expresión emocional. O seu ensaio Esculpir en el tiempo inspira o nome da edición 2022 das xornadas.
Zerkalo non é só unha obra magna do cinema, senón que que constitúe o legado autobiográfico feito arte dun dos cineastas más influíntes da historia. Un filme que é unha mirada ao interior dos resortes emocionais e das lembrazas -fieis ou traizoeiras- que definen ao home tras o artista.