Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility RADIO: CARNE CRUDA • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU | 11__24 SETEMBRO 2022

Actividades

← Volver
RADIO: CARNE CRUDA

RADIO: CARNE CRUDA

SÁBADO 17 ÁS 12:00 H. / CENTRO SOCIAL DO MAR.

O equipo do podcast asociado a eldiario.es desprazarase ata a nosa vila para estar presente por sexto ano na programación do FICBUEU. Javier Gallego Crudo presentará dende o auditorio do Centro Social do Mar o primeiro programa da tempada 2022/2023, que falará sobre cinema e acollerá entrevistas a varias das nosas convidadas e convidados.

Carne Cruda é un programa de radio en liña e independente, que trata diversos temas dende unha perspectiva contracultural, de axitación e disidente.