FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
RADIO: ESPAZO NEGATIVO

RADIO: ESPAZO NEGATIVO

19 DE SETEMBRO / TODAS AS PLATAFORMAS

Ariadna Cordal e Daniel Cornes crean no 2020 este espazo radiofónico onde abordan diferentes temas relacionados co cinema, a cultura, a arte e a política. Esta parella, que forma parte da escena audiovisual galega de novos realizadores, centrará un programa do seu podcast en repasar a programación de curtas do FICBUEU.

O podcast estará dispoñible o sábado 18 de setembro en todas as nosas canles e as de Espazo Negativo, incluíndo Ivoox, Spotify, Apple Podcasts, Anchor, etc.