

RUTA TAPAS 5 ESTRELAS
DO VENRES 8 AO DOMINGO 17Un ano máis o FICBUEU presenta en colaboración co Concello de Bueu e a Asociación de Empresas da Hostalaría de Bueu a Ruta das Tapas 5 Estrelas. Durante as datas de celebración do festival, de venres a domingo, o público poderá achegarse a diversos locais da vila e probar as súas propostas gastronómicas inspiradas no mundo do cinema.
O horario dos establecementos en que se poderán degustar estas tapas será a mediodía, entre as 12:00 horas e as 13:30, ou pola noite, dende as 20:00 horas ata ás 22:00 horas. Cada tapa terá un prezo de 3€. As persoas que percorran a ruta contarán cunha tarxeta para recibir un selo de cada local, e así poderán entrar nun sorteo de tres ceas por valor de 50€.