FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES DE BUEU | FICBUEU

Actividades

← Volver
XORNADAS DE INICIACIÓN AO GUIÓN CON AGAG

XORNADAS DE INICIACIÓN AO GUIÓN CON AGAG

ACTIVIDADE CON INSCRICIÓN PREVIA

Xosé Antón Cascudo será o encargado de impartir este curso de guión para afeccionadas e afeccionados ao cinema durante as xornadas do venres 10 e sábado 11.

O obradoiro terá un plantexamento teórico-práctico. Constará dunha primeira parte na que se achegarán nocións e conceptos sobre estrutura dramática e construción de personaxes, para rematar realizando un exercicio práctico de escritura dunha secuencia.

Cascudo, que pertencente á xunta directiva da Asociación Galega de Guionistas (AGAG), é licenciado en Historia da Arte e Comunicación Audiovisual.  Ao longo da súa carreira ten guionizado e dirixido diversos filmes: A realidade máxica (2008), Alfa i Omega (2014) e O instante eterno (2014) entre outros. Cun perfil multidisplinar, ademáis de guionista, Cascudo escribe poesía e imparte clases en Imaxe e Son no IES Xelmírez I.