Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • As curtas do alumnado e o filme 'Sole' complementan a Gala de Clausura do FICBUEU •

Novas do festival

← Volver

As curtas do alumnado e o filme ‘Sole’ complementan a Gala de Clausura do FICBUEU

FICBUEU

  • Autoridades e cineastas participarán mañá na cerimonia de entrega de premios, onde a presenza internacional será virtual.

Diversos profesionais galegos e doutras autonomías asistirán mañá domingo á Gala de Clausura do 14º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, mentres que aos convidados internacionais verémolos en vídeo. Membros dos distintos xurados como o director Fon Cortizo, a actriz Cris Iglesias ou a realizadora chilena Carolina Atudillo participarán tamén na cerimonia de entrega de premios, ás 19 horas no Centro Social do Mar. No entanto, a axenda de proxeccións e actividades continúa hoxe e mañá.

A partir das 11 horas celébranse en paralelo o ‘Encontro con Alfonso Agra’ no Punto de Encontro do Festival, onde o actor recibirá o Premio Cinema Galego do FICBUEU 2021, e mais a Mesa Proxecta ‘A comunicación nos festivais de cinema’ no Museo Massó. Media hora máis tarde proxectaranse as Curtas en Familia e ás 12:30 dará comezo o concerto de Marcelo Dobode dentro do ciclo ‘Mergullade’, apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística a través do Fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021. Ás 17 e ás 19 horas haberá pase dobre da Sección Galicia R, con coloquio posterior coas e cos cineastas, mentres que ás 21 horas se desenvolverá a Sección España e o respectivo debate.

A programación do Minific, destinada ás nenas e nenos, continúa mañá domingo ás 10:30 horas coa Gala Escolas Galegas, na que se entregarán os premios e se verán as obras gañadoras das tres categorías nas que se subdivide esta sección: educación especial, infantil e primaria; educación secundaria, e mais facultades e escolas de imaxe. De seguido, ás 13 horas, desenvolverase a proposta ‘As orixes do cinema’, con imaxes sobre os inicios desta arte ás que o trío Caspervek lles porá música en directo.

Xa pola tarde, ás 17 horas, gozaremos de ‘Dobre extra!’, un espectáculo musical para toda a familia, incluído tamén no programa ‘Mergullade’, onde o ilustrador Marc Taeger debuxará as cancións interpretadas por Paco Nogueiras. Ás 18:15 horas, as versións de Two in the mirror comezarán a soar nos exteriores do auditorio anunciando a recta final do festival, que ademais da cerimonia de entrega de premios inclúe a proxección de Sole, ás 21:30 horas, como filme de peche. O director da fita e membro do xurado internacional, Carlo Sironi, presentará online esta longametraxe sobre a maternidade subrogada.

Previamente, ás 19 horas desenvolverase a Gala de Clausura, na que se entregarán os galardóns ás obras premiadas e volverán proxectarse as gañadoras da Ánfora de Ouro e o Premio do Público. Ademais de cineastas galegos e españois autores das curtas, membros do xurado ou colaboradores do certame, no acto participarán autoridades do Concello de Bueu e da Deputación de Pontevedra, principais institucións financiadoras xunto coa Agadic e o ICAA. Acudirán ademais representantes de varias empresas patrocinadoras, como Gadis, R, Nodosa e diversos establecementos e entidades do Morrazo, cuxo apoio é fundamental. Todos van desfilar ante o tapiz de flores elaborado pola Asociación Cultural Alfombras de Corpus de Bueu.

A cerimonia, que estará conducida polo actor César Aldea, poderá seguirse en streaming e comentarse a través das redes sociais. Pero antes de que chegue o seu gran momento, as e os cineastas están a coñecer a riqueza cultural, natural e gastronómica da nosa zona a través do programa ‘Descubrindo a vila de Bueu’, coa colaboración de Turismo Rías Baixas e Turismo de Galicia, entre outros. Se a pasada fin de semana percorreron Cabo Udra da man de Leucoíña Pasea, hoxe visitarán o Museo Massó e navegarán nas embarcacións tradicionais da asociación Os Galos, mentres que mañá viaxarán á illa de Ons con Nabia.

  • O FICBUEU abre a convocatoria de recepción de obras e presenta a súa 18ª edición.

    24/01/2025, Bueu. O Festival Internacional de Cinema de Bueu ten aberta a convocatoria de recepción de curtametraxes ata o 20 de abril. Como cada ano, o FICBUEU acollerá unha exquisita selección de obras chegadas de todo o mundo. Alén das proxeccións, o FICBUEU seguirá convidando ao público a participar en coloquios, encontros e actividades relacionadas […]

    2025-01-24
  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido