Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • O National Film Board of Canada protagoniza a Retrospectiva do FICBUEU •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

O National Film Board of Canada protagoniza a Retrospectiva do FICBUEU

FICBUEU

  • O segundo dos Cadernos do festival analiza a maior produtora pública do mundo, sobre a que tamén xira a Sección Carta Branca.

Se o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu inauguraba en 2019 a Sección Retrospectiva para botar unha ollada ás curtas da Nouvelle Vague, este ano pon a mirada nas obras do National Film Board of Canada, a maior produtora pública do mundo, que tamén protagoniza o segundo dos Cadernos FICBUEU. O programa do festival, que se desenvolve do 10 ao 19 de setembro no Centro Social do Mar, incorpora ademais como novidade unha Carta Branca comisariada por Marc Bertrand, veterano produtor de animación do NFB.

O luns 13 ás 16:30 horas terá lugar a presentación de Cadernos FICBUEU #2: O National Film Board of Canada e a súa “idade dourada” da curtametraxe (1965-83), monográfico editado en galego e inglés co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e mais da Embaixada de Canadá en España. O subdirector do FICBUEU e responsable da publicación, Severiano Casalderrey, exporá os detalles deste estudo, co que se amplía o carácter divulgativo e investigador do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

A presentación pecharase coa proxección de In the labyrinth (1979), como apertura da Retrospectiva que se desenvolverá do martes 14 ao venres 17 ás 17:30 horas. Con esta sección, búscase poñer en valor curtametraxes que tiveron un importante papel na historia do cinema, desta volta repasando as case dúas décadas desa “idade dourada” do NFB a través de 24 filmes que ofrecen unha variada panorámica de xéneros e temáticas. Ademais, as persoas que asistan ás catro sesións levarán de balde un exemplar de Cadernos FICBUEU #2.

O National Film Board of Canada centrará aínda a Sección Carta Branca, con cinco títulos seleccionados por Marc Bertrand, quen desde 1998 vén exercendo como produtor no estudo de animación francés da NFB e conta con máis dun cento de traballos ás súas costas, moitos deles recoñecidos con importantes galardóns. Bertrand estará en Bueu o luns 13 de setembro para presentar esta escolma, que se proxectará a partir das 18 horas.

Por último, cómpre sinalar que Canadá vai estar tamén presente na Sección Internacional, con tres curtas das 24 que compoñen o principal apartado competitivo do FICBUEU 2021. Tanto as diversas proxeccións como as múltiples actividades paralelas, que inclúen desde conferencias e debates ata concertos e radio en directo, desenvolveranse con todas as medidas de seguridade fronte a Covid-19. O evento conta coa colaboración de diferentes entidades, entre as que destacan o Concello de Bueu, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia e o ICAA.

  • O Festival Internacional de Cinema de Bueu celebra o día máis curto do ano con proxeccións de curtametraxes

    O mércores 21 de decembro, o FICBUEU programará de balde dúas sesións no Centro Social do Mar de Bueu, unha para público familiar e outra para o adulto O mércores 21, solsticio de inverno e día con menos luminosidade, era a data máis sinalada da chamada Saturnalia, unha festividade romana na que se celebraba o […]

    07/12/2022
  • Ábrese o prazo para presentar obras ao 16º Festival Internacional de Cinema de Bueu

    A recepción prolongarase ata o 15 de marzo ás 14:00h e os traballos seleccionados proxectaranse no FICBUEU 2023 do 9 ao 23 de setembro Bueu, 15 de decembro de 2022. O FICBUEU vén de abrir o prazo para a presentación de obras á 16º edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu (Pontevedra), que se […]

    05/12/2022
  • O FICBUEU achega as prácticas da EOC e o IIEC a Oporto

    Severiano Casalderrey, autor del Cuaderno FICBUEU#3, presentará su contenido al público luso El pasado 16 de noviembre comenzó el Porto/Post/Doc, festival que tiene lugar en Oporto (Portugal) y que dedica su programación al mundo del documental. Con origen en 2014, el certamen ofrece en esta nueva edición una programación de hasta 11 días en la […]

    21/11/2022