FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU | 11__24 SETEMBRO 2022

Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2021

← Volver

Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2021

FICBUEU

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu volve ofertar diversas prazas de voluntariado para as persoas que desexen apoiar a organización e desenvolvemento do FICBUEU 2021. As e os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir o evento desde dentro, aprendendo da experiencia nunha interesante contorna de traballo. As persoas voluntarias poderán participar en variadas tarefas técnicas e loxísticas, sempre baixo supervisión, estarán aseguradas e contarán cun certificado final pola súa colaboración. O prazo para cubrir o formulario permanecerá aberto ata o 27 de agosto. Máis información en producion1@ficbueu.com.