ESCOLAS, COLEXIOS E INSTITUTOS BASES -

BASES DA SECCIÓN ESCOLAS GALEGAS FICBUEU 2019

O 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, organizado pola Asociación Cultural FICBUEU, celebrarase do 6 ao 14 de setembro de 2019 na localidade de Bueu. O evento ten como obxectivo a promoción das mellores curtametraxes realizadas no último ano no ámbito internacional, promovendo aos novos valores e prestando especial atención aos futuros cineastas galegos. Coa finalidade de pór en valor o gran traballo que se está a realizar nos centros de ensino galegos no eido audiovisual; o FICBUEU crea dentro do festival a Sección Escolas Galegas.

PARTICIPACIÓN E CONDICIÓNS TÉCNICAS

A participación está aberta a todas as obras audiovisuais realizadas durante o curso escolar 2017/2018 e 2018/2019 que non teñan participado no certame en pasadas edicións. Poderán concorrer todos os centros de ensino e escolas de formación audiovisual con sede na comunidade galega.

A temática das obras será libre e a duración máxima será:

  • 10 minutos (títulos de crédito incluídos) para as curtametraxes das categorías de Educación infantil, especial, primaria e secundaria.
  • 15 minutos (títulos de crédito incluídos) para as curtametraxes das escolas de formación profesional e facultades.

Cada escola participante poderá presentar tantas obras como desexe.

A curtametraxe poderá estar rodada en calquera formato, sendo a única esixencia o posuír unha copia dixital para a súa proxección.

INSCRICIÓN E DESENVOLVEMENTO DO FESTIVAL 

O proceso de inscrición das curtametraxes farase cumplimentando o formulario que se atopa na páxina web do festival na seguinte ligazón:

https://www.ficbueu.com/inscricion-centros/

 

A inscrición no certame poderá realizarse ata o 31 de MAIO de 2019 ás 23:59h hora local.

O material enviado terá consideración de material privado e só será accesible pola organización do festival e os seus colaboradores. Os participantes autorizan á organización do festival o uso do devandito material para a súa difusión en calquera medio de comunicación co fin de promover o certame. Así mesmo o Festival poderá utilizar os fotogramas das obras presentadas en prensa e outros medios de comunicación, así como para a elaboración dos seus materiais impresos.

De entre todas as curtametraxes recibidas serán seleccionadas as curtametraxes finalistas de cada categoría que competirán na Sección Escolas galegas FICBUEU 2019. As curtametraxes seleccionadas serán anunciadas na páxina web www.ficbueu.com así coma mediante correo electrónico aos seleccionados o 10 de xuño de 2019.

As obras seleccionadas como finalistas proxectaranse o sábado 14 de setembro no transcurso da gala de entrega de premios, onde se darán a coñecer as curtametraxes gañadoras en cada catergoría e se entregarán os galardóns correspondentes.

XURADO

A Asociación FICBUEU designará ás persoas do Comité de Selección así coma aos membros do Xurado.

O xurado da Sección Escolas Galegas no FICBUEU 2019 estará composto por tres membros vinculados ao audiovisual e ao ensino.

Tanto o comité de selección coma o xurado valorarán nas obras presentadas:

  • A participación activa do alumnado en todas e cada unha das fases de creación: guión, produción, rodaxe, montaxe…
  • A utilización dos distintos elementos da linguaxe audiovisual: fotografía, son, escenografía, interpretación…
  • A orixinalidade e creatividade das propostas presentadas.
  • As cualidades técnicas das obras acordes á idade dos creadores.

PREMIOS

Establécense as seguintes categorías e premios:

  • Mellor Curtametraxe de escolas e facultades: Trofeo + Material audiovisual por valor de 250€
  • Mellor Cutametraxe de ensino secundario: Trofeo + Material audiovisual por valor de 150€
  • Mellor Curtametraxe de educación especial, infantil e primaria: Trofeo + Material audiovisual por valor de 150€

ACEPTACIÓN DAS BASES

A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como a decisión do xurado, que será inapelable.

Para calquera dúbida ou información: 657 62 59 13 ou producion2@ficbueu.com

PROTECCIÓN DE DATOS

De conformidade co disposto na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (en diante, a “LOPD”), infórmase ao PRESENTANTE de que os datos facilitados con motivo da inscrición da curtametraxe no FESTIVAL e calquera outros que en diante achega en conexión coa participación da devandito curtametraxe no FESTIVAL, serán incorporados para o seu tratamento a un ficheiro titularidade da Asociación FICBUEU, debidamente inscrito ante a Axencia Española de Protección de Datos, coa finalidade de xestionar e publicitar a participación da curtametraxe no FESTIVAL. A entrega de información requirida sobre datos persoais terá o carácter de obrigatoria e a súa falta de subministración ou a subministración de datos incorrectos imposibilitarán que poida xestionarse a participación da curtametraxe no FESTIVAL. Calquera modificación que poida producirse nos datos de carácter persoal facilitados deberá ser posta en coñecemento do responsable do ficheiro por parte do titular dos mesmos, que responderá en todo caso da veracidade e exactitude dos datos fornecidos en cada momento. No caso de que se fornezan datos de terceiros, o PRESENTANTE declara contar co consentimento dos titulares dos mesmos para a citada comunicación de datos. Se desexa exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición, o PRESENTANTE e/ou calquera outro interesado pode dirixirse por escrito e nos termos e condicións previstos na LOPD á seguinte dirección postal:

FICBUEU – Montero Ríos 191 Baixo – 36930 – Bueu (Pontevedra)