Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Cadernos FICBUEU • FICBUEU

Cadernos FICBUEU

O FICBUEU naceu co obxectivo de promover a curtametraxe, achegando ás xentes da súa contorna un formato cinematográfico excluído das salas de cinema e circuítos de distribución. Grazas á introdución da Sección Retrospectiva no festival de 2019, a este obxectivo sumouse a posta en valor de curtametraxes que tiveron un importante papel na historia do cinema.

A proxección dos filmes vese complementada coa proxecto Cadernos FICBUEU, publicacións que permiten afondar nas obras presentadas e o contexto que as enmarca, contribuíndo deste xeito á historiografía deste formato.

OS CADERNOS FICBUEU ESTÁN Á VENDA DURANTE O FESTIVAL E TODO O ANO NA NOSA

CADERNO FICBUEU#5: Jonas Mekas. o cinema como a arte da memoria

Jonas Mekas foi un cineasta, crítico e teórico do cine nado en Lituania en 1922 e finado en 2019. É coñecido pola súa contribución ao cine experimental e o seu papel destacado no movemento cinematográfico underground. Mekas foi unha figura clave na escena artística e cinematográfica de Nova York, especialmente durante as décadas de 1950 e 1960.

CADERNO FICBUEU#5 PDF – GALEGO

CADERNO FICBUEU#5 PDF – CASTELLANO

Co apoio de:

CADERNO FICBUEU#4: A EXPANSIÓN DO DOCUMENTAL A TRAVÉS DAS CURTAMETRAXES DE JORIS IVENS (1898-1989)

Joris Ivens foi un cineasta neerlandés coñecido pola súa contribución ao cine documental, especialmente dende o campo das curtametraxes. Ao longo da súa carreira, contribuiu a documentar os principais eventos históricos do século XX, dos que foi testemuña directa, destacando as súas denuncias de conflitos como a guerra de Vietnam, as revoltas en Indochina ou as manifestacións en Bélxica, entre outros. Ivens, definido como reporteiro, poeta, comunista, viaxeiro e un longo etcétera, é a figura protagonista do Caderno FICBUEU#4, afondando nas súas contribucións ás curtametraxes e como as utilizaba como método de activismo.

CADERNO FICBUEU#4 PDF – GALEGO

Co apoio de:

CADERNO FICBUEU#3: AS PRÁCTICAS DO IIEC E A EOC COMO PRIMORDIO DUN NOVO CINEMA ESPAÑOL (1947-76)

O CADERNO FICBUEU#3: As prácticas do IIEC e a EOC como primordio dun novo cinema español (1947-76).

O ‘Instituto de Investigaciones y Experiencias Cinematográficas’ (IIEC), reformulado en 1962 como ‘Escuela Oficial de Cinematografía’ (EOC) foi o primeiro centro de estudos cinematográficos en España, referente indiscutible dende a súa fundación en 1947 ata a súa disolución en 1976. O Caderno FICBUEU#3 pretende afondar no peso que tiveron as aulas do IIEC e a EOC respectivamente, marcando a semente dunha nova xeración de cineastas que reformaron o cinema nas décadas dos 50, 60 e 70.

CADERNO FICBUEU#3 PDF – GALEGO

CADERNO FICBUEU#3 PDF – ENGLISH

Co apoio de:

CADERNO FICBUEU#2: O NATIONAL FILM BOARD OF CANADA E A SÚA “IDADE DOURADA” DA CURTAMETRAXE (1965-83)

O CADERNO FICBUEU#2: O National Film Board of Canada e a súa “idade dourada” da curtametraxe (1965-83). Ensaio sobre aqueles filmes máis destacados da produtora canadense que conformaron a Sección Retrospectiva do FICBUEU 2021.

CADERNO FICBUEU#2 PDF – GALEGO

CADERNO FICBUEU#2 PDF – ENGLISH

Co apoio de:

CADERNO FICBUEU#1: A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965)

O CADERNO FICBUEU#1: A Nouvelle Vague a través das súas curtametraxes (1956-1965), conmemora o 60 aniversario do xurdimento desta corrente, repasando as creacións máis destacadas da mesma en formato curtametraxe. 

CADERNO FICBUEU#1 PDF – GALEGO

CADERNO FICBUEU#1 PDF – ENGLISH

Co apoio de:

O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.