Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Novas arquivos • Páxina 2 de 10 • FICBUEU

O cartel da XVII edición do FICBUEU suma 15 estreas internacionais e unha completa programación de actividades

← Volver

O cartel da XVII edición do FICBUEU suma 15 estreas internacionais e unha completa programación de actividades

FICBUEU

O festival arrincará o vindeiro venres coa proxección dos curtos da Asociación FICBUEU, a creación dunha alfombra floral e o concerto do grupo indie Sr. Chinarro

30.08.24. BUEU. A piques de cumprir a maioría de idade (este ano chega á súa décimo séptima edición), o Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, preparou un completo programa que inclúe a estrea en España de 15 curtametraxes realizadas por directoras e directores de Canadá, Italia, Suíza, Lituania, Estonia, Líbano, República Checa, Francia, Estados Unidos, Países Baixos, Reino Unido ou Finlandia. Dúas das curtas poderanse ver o domingo 8 de setembro na sección «Descubertas», que reúne media ducia de películas innovadoras e de vangarda. O resto forman parte do cartel da «Sección Oficial», que se desenvolverá en seis bloques de películas entre o luns 9 e o sábado 14. 

O certame comeza o vindeiro venres 6 coa proxección na pantalla do Centro Social do Mar de Bueu de Millonetis, a curta realizada en colaboración coa Fundación Igualarte no marco dos obradoiros da Área Social da Asociación FICBUEU (20.00 horas) e coa elaboración no exterior da alfombra floral da man da Asociación Cunchas e Flores. Despois será a quenda do concerto do grupo indie sevillano Sr. Chinarro (21.30 horas). Todas estas actividades son gratuítas e só será necesario retirar as invitacións -no despacho de billetes en liña ou no despacho de billetes- para asistir ás estreas dos curtos da Asociación FICBUEU.  

A nova edición do certame bueuense foi presentada publicamente hoxe no centro de Bueu coa participación da concelleira de Cultura de BueuCarmen García; o presidente de Deputación de PontevedraLuis López; o director da Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC), Jacobo Sutil, e máis as directoras e o director do FICBUEU: Nerea Lores, María Ruiz-Falcó e Manuel Pena. Tamén estiveron presentes o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, e mailo deputado provincial de Cultura, Jorge Cubela.

A concelleira Carmen García felicitou á dirección e o equipo do FICBUEU, un festival que, lembrou, «conta co respaldo da veciñanza, incluído o tecido asociativo da vila». Dende a Deputacíon, Luis López lembrou que o organismo provincial incrementou este ano o seu apoio aos festivais da provincia. E destacou a importancia e interese do FICBUEU. O director da AGADIC, Jacobo Sutil, referiuse á calidade da programación do Festival e tamén á súa implantación no territorio e o apoio social. Lembrou, ademais, que dada a importancia que ten «o ecosistema estratéxico de festivais» de Galicia, a Xunta tamén incrementou neste ano «en máis dun 30%» o seu apoio para este tipo de actividades.

Encontro de altura

O FICBUEU adica este ano as súas Xornadas Cinematográficas. É un dos puntos de interese da programación deste ano, tal e como explicou durante a presentación Manuel Pena, co-director do FICBUEU, Analizarase, durante as Xornada, o impacto no cinema, en diferentes momentos da historia, das correntes políticas do momento. 

O programa deste ano inclúe tamén un encontro a tres bandas: o director Rodrigo Cortés (Buried, Red lights ou a aínda por estrear Escape), o novelista Juan Gómez-Jurado (creador da triloxía Reina Roja e do seu protagonista, Antonia Scott) e o guionista, humorista e comunicador Arturo González-Campos charlarán o domingo 8 (12.00 horas) co público sobre a pegada do cambio que supuxo a chegada do son ao cinema. Os tres forman parte dos coñecidos pódcast ´Todopoderosos» e «Aquí hai dragones». Pola tarde, terán un encontro co público nunha firma de libros. 

Un día antes, o sábado 7, desenvolveranse as III Xornadas Cinematográficas.Este espazo de reflexión, que este ano abordará a relación de cinema e política, contará coa masterclass do profesor de Filosofía Política Camil Ungureanu, unha conversación entre as críticas e programadoras Belit Lago e Daniela Urzola, unha mesa redonda en liña con membros do podcast «La escóbula de la Brújula» e un encontro co director Jaime Rosales (Petra, Girasoles silvestres). Ademais, proxectarase a película The Conversation, realizada en 1974 por Francis Ford Coppola e protagonizada por Gene Hackman e John Cazale.

A canteira fórmase en Ons

Residencia FICBUEU é un claro exemplo do apego ao territorio por parte do festival. Na súa segunda edición, elixiu a catro realizadoras e realizadores de entre 25 e 28 anos para que poidan desenvolver os seus novos proxectos. Un equipo de expertas liderados pola directora e guionista Estibaliz Urresola (a súa ópera prima, 20.000 especies de abellas, proxectada durante a pasada edición do FICBUEU, fíxose con tres Goya) formaraos e asesorará durante unha semana (do 16 ao 23 de outubro) na Illa de Ons. Participan a arxentina Camila Mailén Bóveda, as catalás Ana Calderón e Anna Llargués e o lucense Miguel Casaseca. Unha das catro curtametraxes, ademais, recibirá apoio para a súa produción. O ano pasado o proxecto gañador foi Sismes, de Jordi Sanz. Recibiu un premio de 15.000 euros e foi producido pola produtora galega Nortecatro Cinema e a catalá Shoji Films.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

Catro realizadoras e realizadoras de Arxentina, Cataluña e Galicia desenvolverán os seus novos proxectos de curtametraxes na II Residencia FICBUEU en Ons

FICBUEU

Entre o 16 e o 23 de outubro, e durante unha estadía na Illa, recibirán formación e apoio dun equipo de persoas expertas lideradas pola guionista de «20.000 especies de abellas», Estíbaliz Urresola

28.08.24. BUEU. Teñen entre 25 e 28 anos, están a construír o seu proxecto profesional arredor da creación de historias en soporte audiovisual e cinema, e presentaron interesantes proxectos de guión que foron elixidos para participar na Residencia FICBUEU na Illa de Ons, o proxecto do Festival Internacional de Cinema de Bueu para apoiar o desenvolvemento de curtametraxes. Compartirán as actividades de formación e asesoría, algunhas de carácter individual e outras de xeito grupal, a Residencia FICBUEU, na Illa de Ons, entre o 16 e o 23 de outubro. Unha das curtas, ademais,  recibirá apoio para a súa produción.. 

As participantes seleccionadas este ano son Camila Mailén Bóveda Figueira, nada en Arxentina en 1996; Ana Calderón (Caldes de Malavella, Girona, 1998); Anna Llargués (Barberà del Vallès, Barcelona, 1999), e o lucense Miguel Casaseca (1997). As tres primeiras presentaron á convocatoria guións de curtametraxes do xénero dramático tituladas, respectivamente Área Central, Cotorra Àvia Peix. Casaseca propón a falsa documental From NASA to Merceditas.

Equipo de formadoras

O equipo formativo estará encabezado pola directora e guionista Estibaliz Urresola coma titora. A súa ópera prima, 20.000 especies de abellas, proxectada durante a pasada edición do FICBUEU, foi galardoada nos Premios Goya deste ano cos premios a Mellor Dirección Novel e Mellor Guión Orixinal. Durante unha semana, a directora alavesa levará a cabo sesións individuais con cada unha das autoras e autores para a revisión das obras e o seu avance.

Ademais das titorías individuais e espazos de de intercambio grupal con Urresola, as e os residentes terán acceso a tres formacións específicas en distintas materias para fortalecer os seus proxectos: Guión con perspectiva de xénero, impartida por Carmen Ávalos; A importancia da coordinación de intimidade nunha rodaxe da man, da man de  Tábata Cerezo e Lucía Delgado, creadoras da empresa especializada IntimAct; e  Primeiros pasos tras a finalización dun guión, impartida por Beli Martínez.

Produción dunha das curtas

Rematado o programa, a organización seleccionará novamente un dos guións participantes para o seu desenvolvemento e produción. Na I edición da Residencia, a do ano pasado, a película elixida para a súa producion foi Sismes, de Jordi Sanz Angrill e co-guionizado xunto a David Junyent.

Sismes conta a historia de Mila, que meses despois da misteriosa partida do seu ex marido, regresa á illa volcánica onde fixeran a súa lúa de mel – que ela gravou cunha cámara de video-. Está obsesionada con gravarse a ela mesma para recrear os supostos contraplanos das imaxes da viaxe nas que só parece o seu ex marido. A protagonista busca así non só revivir o seu pasado, senón unir e manipular estas imaxes de tempos distintos para crear un novo relato, un novo recordo.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

Curtas do novo talento audiovisual galego e do cinema europeo más experimental cítanse no FICBUEU

FICBUEU

- Catro películas documentais, tres delas realizadas por directoras, competirán na sección adicada ás producións galegas, «GZ_00»
- O Festival ofrecerá con «Descubertas» unha selección da produción máis vangardista con seis filmes chegados de Finlandia, Italia, Países Baixos, Alemaña, Suíza e Francia

26.08.24. BUEU. O FICBUEU converterase o próximo mes de setembro en punto de encontro e plataforma de presentación do talento audiovisual emerxente máis próximo e das producións máis recentes en formato curto xurdidas en Galicia. Farao con «GZ_00», unha sección que o Festival Internacional de Cinema de Bueu inclúe dende o ano pasado na súa programación e coa que busca achegar ao público o traballo de novas creadoras e novos creadores de curtametraxes dirixidas e/ou producidas na comunidade. A cita será o domingo 8, a partir das 18.30 horas, no Auditorio do Centro Social do Mar de Bueu. Na sección «GZ_00» o público poderá ver na gran pantalla catro películas desta nova xeración de cineastas de Galicia, que competirán para lograr o premio ao mellor curto galego do certame. As propostas seleccionadas tocan temáticas variadas, pero todas pertencen ao xénero documental. 

Detrás dos títulos hai tres directoras e un director. Andrea Bouzo (Cambados, 1993) leva ao FICBUEU Kalabukú. A semente do cambio, que presenta a historia de catro mulleres de Oukout, en Senegal (kalabukú significa «as mulleres» en diola, a lingua local), que se reúnen cada domingo co seu grupo para autogestionar un sistema de microcréditos e organizar a colleita de arroz e que buscan un equilibrio entre a vida tradicional e a independencia económica. Coa mirada sempre posta no social e comprometida co xénero, Bouzo compaxina a súa faceta como realizadora de ficción, publicidade e documental coa de montadora. O seu último traballo é a montaxe da serie Marbella, dirixida por Dani da Torre para Movistar Plus+.

Queimar cando morra é obra de Inés Pintor, directora e guionista nada en Madrid en 1989 aínda que con orixes coruñesas. A curta é unha reflexión persoal sobre a familia, os recordos e a vida das mulleres nadas nos anos 30 a partir da morte da súa avoa Encarna e o achado nun armario dun paquete con obxectos, fotos e imaxes de súper 8 cunha nota que dicía: «Queimade á miña morte, padrenuestro e ao lume». Pintor traballou en series coma El Ministerio del Tempo e películas coma Blancanieves, de Pablo Berger, Combustión, de Daniel Calparsoro, ou Musarañas, producida por Álex de la Iglesia. Desde 2016 traballa na súa propia produtora, A breve historia, e en 2021 creou con Pablo Santidrián a serie El tiempo que te doy  para Netflix.

 

Historias da emigración

A coruñesa Anita Pico (A Coruña, 1996) estará en «GZ_00» con Segunda II, un retrato que descobre a vida de Segunda García, unha muller de 79 anos nada nunha aldea de Coristanco que desafía o seu propio nome protagonizando unha historia de superación excepcional. Pico, sobriña neta da protagonista da curtametraxe, a cuarta que realiza, é a fundadora da produtora Henfunk Studio. Traballou coma guionista en programas de TVE, BBC ou HBOMax España; acaba de dirixir a súa primeira serie dixital, a sitcom Pulp Air, e está a traballar na súa primeira longametraxe: Shido.

Hugo Amoedo (Redondela, 1987) completa a lista do emerxente talento cinematográfico galego que mostrará este ano o FICBUEU. Presentará pechar caixas abrir caixas, un documental autobiográfico rodado en súper 8 sobre o retorno que mestura dúas historias: a da mudanza do escritor Xavier Queipo, que regresa a Galicia despois de 30 anos asentado en Bruxelas, e a do propio autor, que non sabe como nin cando poderá volver á súa terra e, mentres tanto, insignia ao seu fillo para andar en bicicleta, dúbida, ten soños e ideas para películas e peléxase no portelo de correos. Amoedo, creador de varias curtas nas que adoita combinar elementos íntimos e políticos, o drama e a comedia, traballa tamén para a RTBF, a televisión belga francófona, como produtor audiovisual. Tamén traballa coma formador para as institucións europeas.

 

Estreas en España

A sección «Descubertas» proxectarase tamén o domingo 8 de setembro, desde as 21.00 horas. É unha aposta por proxectar algunhas das curtas máis vangardistas ou innovadoras de factura recente no mundo. Este ano, todos os filmes seleccionados son europeos e dous deles elixiron o FICBUEU para a súa estrea en España. Trátase de Scenic view, da artista visual e cineasta finlandesa Maija Blåfield, unha película experimental sobre a natureza que nos fala de como contemplamos unha paisaxe forestal, pero tamén de como contemplamos a realidade, e Intelligence, dos franceses Cosme Castro e Jeanne Frenkel. A curta, de corte fantástico, presenta a un home que traballa nun xornal e un día descobre nel a súa propia necrolóxica e que morrerá aos 45 anos.

 

Gran presenza da animación

As outras catro cintas exhibiranse por vez primeira en Galicia no marco do festival. Unha é Beautiful men, película de animación chegada de Países Baixos, obra de Nicolas Keppens sobre tres irmáns calvos que viaxan a Istambul para facerse un transplante de pelo e, atrapados nun hotel lonxe de casa, ven como as súas inseguridades crecen máis rápido que o seu cabelo. levou un premio no festival de Annecy. 

The waiting, do alemán Volker Schlecht, é outra multipremiada curtametraxe de animación sobre Karen Lips, unha bióloga que describe a súa investigación sobre varias especies de ras da selva tropical de América Central e a súa misteriosa desaparición coma se estivese ante un caso criminal. 

O tándem de realizadoras suízas Bianca Cadeiras e Kerstin Zemp asina Matta und matto, unha curta animada que imaxina un mundo onde o contacto físico está prohibido e só unha sorte de hotel ambulante satisfai a necesidade de acceder ao tacto, aínda que sexa de forma pouco convencional. A película percorreu xa festivais como Clermont-Ferrand, Melbourne, Sundance, SXSW e Buenos Aires, sendo o gañador no IndieLisboa e o Ann Arbor de Michigan (EE.UU.), un dos festivais de cinema independente e experimental máis importantes do mundo.

De Italia procede A Liña do Terminatore, de Gabriele Biasi. Esta cinta documental que foi nomeada en Venecia sobre a fuga de Fernanda González de Buenos Aires a Italia, mestura imaxes de arquivo de exploracións espaciais e vídeos familiares para contar a viaxe emocional da protagonista e a culpa que sente por deixar atrás aos seus seres queridos.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

A «SECCIÓN OFICIAL» DO FICBUEU AMOSARÁ O MELLOR E MÁIS RECENTE CINEMA DE AUTORA E AUTOR CON 29 CURTAS DE 18 PAÍSES 

FICBUEU

Tamén competirán unha vintena de películas de novas realizadoras e novos realizadores, estudantes de cinema e escolares

16.08.24. BUEU. O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, descubrirá ás súas espectadoras e espectadores na súa décimo sétima edición un total de 29 curtametraxes do mellor e máis innovador cinema de autora e autor realizadas durante o último ano en todo o mundo. Entre o 6 e o 14 de setembro, a «Sección Oficial» do certame amosará ao público películas de distintos xéneros (ficción, animación, documental…) chegadas de 18 países: desde Brasil, Lituania, Estados Unidos, Filipinas, Portugal ou Bélxica a Líbano, Estonia, Andorra, Italia, Alemaña ou Canadá, pasando por República Checa, Suíza, Reino Unido, Países Baixos, Francia e España, representada por media ducia de curtas.

Estreas en España e en Galicia

A escolma realizada polo FICBUEU 2024 supón ademais unha oportunidade única para coñecer as últimas e máis interesantes propostas cinematográficas que se están a desenvolver a nivel internacional no formato curto. De feito, case a metade dos filmes a concurso no festival bueués (13 curtametraxes) son estreas en España e outros 11 proxectaranse por vez primeira en Galicia. A maioría das películas foron nomeadas e premiadas nos últimos meses en festivais de cinema tan prestixiosos coma os de Cannes, Venecia, Berlín, Róterdam, Clermont-Ferrand, Annecy, Chicago, Locarno ou o South by Southwest (SXSW) de Austin, en Texas (EE.UU.).

Xunto á categoría oficial a concurso, no FICBUEU 2024 hai outras seccións competitivas. Trátase de «Descubertas» e «GZ_00», que permitirán ver o que están a facer as novas xeracións de cineastas, tanto en Galicia coma no resto do mundo, e de «Escolas de Cinema» e «Centros de Ensino», que achegarán ao público do festival pezas creadas pola incipiente canteira cinematográfica. Entre as catro categorías, veranse unha vintena de curtas.

Máis aló das proxeccións

O FICBUEU 2024 voltará convidar ao público a participar nas diferentes actividades relacionadas coa sétima arte. Xunto aos coloquios con cineastas dalgunhas das películas seleccionadas a concurso, o sábado 7 de setembro chegarán as «Xornadas Cinematográficas». O festival inclúeas na súa programación por terceiro ano consecutivo coma espazo de reflexión sobre cinema. Nesta décimo sétima edición abordarán a súa relación coa política. Haberá unha masterclass a cargo do profesor de Filosofía Política Camil Ungureanu, á que seguirán unha conversa sobre o Holocausto e a Segunda Guerra Mundial -o acontecemento histórico e político máis representado no cinema- entre as críticas e programadoras cinematográficas Belit Lago e Daniela Urzola; unha mesa redonda online con parte do equipo do podcast «La escóbula de la Brújula» sobre o uso do cinema coma arte e ferramenta de propaganda; e un encontro co director Jaime Rosales (Petra, Girasoles silvestres) para analizar o cinema dos últimos 25 anos a través de temas clave coma o trunfo da distopía, os efectos da tecnoloxía ou a emerxencia climática. A xornada rematará coa proxección da película The Conversation, realizada en 1974 por Francis Ford Coppola, protagonizada por Gene Hackman e John Cazale e cuxa trama xira arredor das escoitas coma método de espionaxe.

Outra das actividades programadas é o encontro que manterán co público o domingo 8 (12.00 horas) o realizador ourensán Rodrigo Cortés, o escritor súper vendas Juan Gómez-Jurado e o guionista e comunicador Arturo González-Campos, integrantes de dous dos pódcasts culturais máis interesantes que se emiten en España, «Todopoderosos» e «Aquí hay dragones». Falarán do impacto do cambio que supuxo a chegada do son ao cinema. Esa mesma tarde, os tres asinarán libros nun evento ao que se poderá acceder de balde tras retirar o correspondente convite no despacho de billetes. Os pases estarán dispoñibles durante a mañá do domingo 8 e ata o inicio do acto.

Caderno #5 para Jonas Mekas e o seu cinema experimental

A participación de especialistas da sétima arte e o audiovisual complétaa o encontro que o público do FICBUEU terá coa profesora Nieves Febrer. É a autora do Caderno #5 do festival, que repasa a figura de Jonas Mekas, cineasta experimental, axitador cultural e pai do cinema de vangarda estadounidense. Presentarao o sábado 14 de setembro. O certame tamén lle dedicará a Mekas a sección «Retrospectiva», na que se proxectarán oito das súas curtametraxes.

Ese mesmo día farase entrega dos galardóns do FICBUEU 2024, entre eles o Premio Cinema Galego, outorgado á actriz viguesa María Vázquez en recoñecemento á súa traxectoria e á súa contribución ao cinema galego e estatal. Dende o luns 16 de setembro, co MINIFIC, regresarán as actividades infantís, as proxeccións para centros de ensino da zona de Bueu e a sesión de curtas en familia.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

Aberto o prazo para unirse ao equipo de voluntariado do FICBUEU 2024

FICBUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu volve ofertar diversas prazas de voluntariado para as persoas que desexen apoiar a organización e desenvolvemento da 17ª edición do festival.

As e os voluntarios terán a oportunidade de cooperar cun equipo profesional e vivir o evento desde dentro, aprendendo da experiencia nunha interesante contorna de traballo. As persoas voluntarias poderán participar en variadas tarefas técnicas e loxísticas, sempre baixo supervisión, estarán aseguradas e contarán cun certificado final pola súa colaboración.

O prazo para cubrir o formulario permanecerá aberto ata o 28 de agosto.

Máis información en mariarfalco@ficbueu.com

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

Os realizadores Jaime Rosales e Rodrigo Cortés, as críticas Daniela Urzola e Belit Lago ou o escritor Juan Gómez-Jurado, no FICBUEU

FICBUEU
  • O certame buenense adica este ano as súas «Xornadas Cinematógraficas» a reflexionar sobre a pegada do contexto político de cada época no cinema
  • Os integrantes dos podcast «Todopoderosos» e «Aquí hai dragones» manterán dous encontros co público o domingo 8 de setembro
  • Membros do podcast «La escóbula de la brújula» participarán virtualmente nunha mesa redonda no evento

08.08.24. BUEU. Como impacta no cinema o contexto político no que se fai? Ese é o tema sobre o que tratarán este ano as «Xornadas Cinematográficas» do Festival Internacional de Cinema de Bueu. Celebraranse o sábado 7 de setembro, o primeiro día completo de actividades do FICBUEU na súa edición de 2024. Nesa primeira fin de semana do Festival, o público do evento poderá asistir a coloquios, presentacións de libros ou encontros, físicos e virtuais, cos integrantes de tres dos podcasts sobre cinema e cultura máis seguidos en España.

As «Xornadas Cinematográficas», que o FICBUEU inclúe na súa programación por terceiro ano consecutivo, son un espazo de reflexión e pensamento sobre sobre o cinema. Participan cineastas, ensaístas, ou profesionais de diferentes oficios do sector audiovisual. Cada ano, dedícanse a un tema. Na décimo sétima edición do Festival Internacional de Cinema de Bueu abordarán a relación, as relacións, entre cinema e política. 

«Se realista: fai o imposible!» 

Se realista: fai o imposible! A frase, un dos lemas do movemento estudantil dos anos 60s e acuñada polo filósofo Ernst Bloch, dá título á clase maxistral coa que comenzarán as «Xornadas Cinematográficas». Correrá a cargo de Camil Ungureanu, profesor de Filosofía política da Univesitat Pompeu Fabra de Barcelona. 

Ungureanu ten entre as súas liñas de investigación e reflexión as relacións entre o cinema e a política. E sobre iso impartirá a clase maxistral no FICBUEU. A continuación, as críticas Daniela Urzola e Belit Lago profundarán no tema no seguinte conversatorio das «Xornadas Cinematográficas», titulado Trauma e reconstrución.

Ese mesmo sábado, xa pola tarde, será a quenda dun dos grandes realizadores que participan este ano no FICBUEU. Jaime Rosales manterá un conversatorio co crítico de cinema Xavier Montoriol. Será despois de que parte do equipo do podcast «La escóbula de la brújula» participe nunha mesa redonda virtual cos asistentes ao Festival para falar sobre Arte e propaganda. O cinema de entreguerras.

O domingo, en clave podcast

O realizador Rodrigo Cortés, o escritor Juan Gómez-Jurado e o guionista e comunicador Arturo González Campos integran dous dos podcasts máis interesantes da esfera da cultura en España: «Todopoderosos» e o irreverente «Aquí hay dragones». Tamén coñecidos todos eles polas súas carreiras no cinema, a literatura, ou o audiovisual, respectivamente, volven sumarse ao FICBUEU. Será o domingo 8 de setembro ás 12 horas. Falarán sobre o cambio que supuxo para o cinema e a realización de películas a incorporación do son. Máis tarde, ás 17 horas, asinarán libros nun evento ao que se pode acceder de balde logo de retirar o correspondente convite no despacho de billetes.

González Campos, Cortés e Gómez-Jurado xa participaran en 2018 no Festival Internacional de Cinema de Bueu. A súa presentación, no Centro Social do Mar, no que se realizan todas as actividades presenciais do FICBUEU, rexistrou naquela ocasión un cheo total. A presentación foi moi ben valorada polo público asistente.

A participación de divulgadoras e estudosas da sétima arte e o audiovisual complétaa o encontro que o público do FICBUEU terá coa profesora Nieves Febrer. Ela fixo o Caderno #5 do Festival, que aborda a  figura do creador do cinema experimental estadounidense, Jonas Mekas. Presentarao o sábado 14 de setembro, no que se programa a sección «Retrospectiva», dedicada a Mekas.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

O FICBUEU recoñecerá este ano co Premio Cinema Galego á actriz María Vázquez

FICBUEU

A directora executiva do Festival de Tampere, Riina Mikkonen; o director e produtor Chema García Ibarra, e a crítica serbia Tara Karajica, xurado da Sección Oficial do certame.

BUEU. 31.07.24. A actriz galega María Vázquez (Vigo, 1979) recibirá o Premio Cinema Galego do Festival internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU). O certame buenense recoñece dende 2016 con este galardón as achegas de profesionais da industria audiovisual de Galicia durante a súa traxectoria. Vázquez recibirá o Premio Cinema Galego o 14 de setembro nun evento no que tamén manterá unha conversa aberta co público do FICBUEU.

O festival, que entre os días 6 e ao 21 de setembro celebra a súa décimo sétima edición, outorgoulle este premio en anos anteriores ás actrices Mabel Rivera, Melania Cruz e Luísa Merelas, e aos actores Miguel de Lira, Alfonso Agra, Antonio Durán Morris e Celso Bugallo.

María Vázquez comezou a súa carreira coma intérprete hai preto de 25 anos. Vencellada profesionalmente tanto ao audiovisual de Galicia coma ao español, estivo nomeada en senllas ocasións aos Premios Goya, a máis recente en 2024 pola súa interpretación no premiado filme galego Matria. Ao longo da súa carreira, Vázquez mereceu ademais tres Premios Mestre Mateo polas súas interpretacións noutras tantas producións. A actriz viguesa tamén participa decote producións de teatro e televisión. O seu traballo mais recente para a pequena pantalla é na serie El jardinero, producida por Netflix e que será estreada nos vendeiros meses.

Durante o encontro co público do FICBUEU que manterá o 14 de setembro, os asistentes poderán achegarse ao percorrido profesional de María Vázquez e afondar nos seus traballos.

Xurado

O equipo do FICBUEU apura nestes días os últimos detalles organizativos da vindeira edición do certame, cuxos xurados para as seccións a concurso, a Oficial e máis Descubertas, que premia as mellores producións das autoras e autores máis novos, xa foron designados.

A directora executiva e programado do Festival de Tampere (Finlandia), Riina Mikkonen; o director, guionista e produtor Chema García Ibarra, e máis a programadora, crítica e xornalista serbia Tara Karajica serán as tres persoas encargadas de decidir os filmes gañadores da Sección Oficial.

Compoñen o xurado de Descubertas a fotógrafa e gestora cultural Elisa Pereira, o programador e investigador Xan Gómez, e a tamén programadora, investigadora e crítica Daniela Urzola.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

O FICBUEU adicaralle a súa «Retrospectiva» a Jonas Mekas, o fundador do cinema de vangarda estadounidense

FICBUEU

BUEU. 19.06.24. O Festival Internacional de Cinema de Bueu achegará esta ano ao público a figura e a obra de Jonas Mekas (1922-2019), cineasta experimental, axitador cultural, e pai do cinema de vangarda estadounidense. O FICBUEU adicaralle a súa sección «Retrospectiva». Durante o festival, que se celebra entre os días 6 e 21 de setembro, proxectarase unha escolma de 8 curtas da autoría de Mekas ademais da correspondencia fílmica que mantivo co realizador José Luis Guerín. O FICBUEU quere propoñerlle ao seu público unha revisión crítica da obra do realizador ao que lle adica, ademais, o seu Caderno #5.

O festival acada a súa décimo sétima edición cunha programación na que volverá amosar unha escolma dalgunhas das curtametraxes máis interesantes e innovadoras das realizadas en todo o mundo nos últimos tempos. Coa aproximación á figura de Mekas, o Festival aposta por volver a ollada sobre un creador que, alén da súa obra fílmica, foi un dinamizador clave do cinema experimental creando publicacións e iniciativas adicadas á súa promoción, divulgación ou estudo. 

O Festival adícalle a Mekas o seu Caderno#5

Figura fundamental na historia do cinema, Jonas Mekas foi seguido e admirado por outras grandes voces da revolución cultural dos anos 60s do pasado século coma Jean-Paul Sartre, Allen Ginsberg, Andy Warhol o Susan Sontag.

 

De Lituania a Nova York

Nado en Lituania en 1922, Jonas Mekas comezou a explorar o cinema de vangarda logo de que chegou a Nova York tras 10 anos preso nun campo de concentración nazi. Co tempo, desempeñaría un papel substancial no movemento do Novo Cinema Americano entre as décadas dos anos sesenta e setenta.

Mekas converteuse nun incansable protector dos cineastas independentes, avogando pola liberdade de expresión artística, cofundando a Film-Makers’ Cooperative, loitando contra a censura e dirixindo a súa mirada cara á emancipación das normas convencionais cinematográficas. Buscando a esencia do cinema, os seus esforzos culminaron na fundación da Anthology Film Arquives en 1970, museo, biblioteca e lugar de proxección adicado á promoción do cinema independente.

Continuaría facendo cinema experimental ata que cumpriu 80 anos. As súas películas exhibíronse, ademais de en salas de cinema, nalgúns dos museos máis importantes de Estados Unidos e Europa. As que poderá ver o público do FICBUEU foron feitas entre 1966 e o ano 2011. 

 

Retrospectiva e Caderno

Os filmes de Jonas Mekas combinan momentos cotiáns e significativos da vida desde un punto de vista moi próximo á poesía e ao documental. A escolma da súa obra que conforma este ano a sección «Retrospectiva» do FICBUEU propón un percorrido visual que amosa a relación do artista co seu contorno, acentuando o seu inconformismo.

Entre as películas de Mekas que se exhibirán en Bueu están a emblemática Cassis (1966), que desafía as convencións narrativas ao capturar a vida cotiá nunha secuencia ininterrompida de imaxes, ou o 365 DAY PROJECT, de 2007,  composto por unha curtametraxe feita durante cada día do ano.

O Caderno #5 do Festival Internacional de Cinema de Bueu volve sobre a figura de Mekas, o seu contexto, ou as súas achegas. É, tamén, unha interesante ventá de entrada á vangarda cultural neoiorquina dos anos 60s e 70s, na que Mekas ocupou un lugar destacado. A investigadora e docente Nieves Febrer, autora do Caderno, participará no FICBUEU para presentar o caderno e reflexionar, canda o público, sobre a obra de Mekas.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

As proxeccións, os coloquios, as actividades infantís e toda a programación do FICBUEU regresan do 6 ao 21 de setembro

FICBUEU

O Festival Internacional de Cinema de Bueu presenta a imaxe da súa nova edición

09.07.24. BUEU. O Festival Internacional de Cinema de Bueu, o FICBUEU, celebrarase este ano entre o 6 e o 21 de setembro. O certame buenense, que cada ano presenta unha coidada selección de curtametraxes de cinema de autora e autor realizadas en todo o mundo, acada a súa décimo sétima edición.

Ademais das proxeccións da sección oficial a concurso ou doutras coma Descubertas ou GZ_00, na que pode verse o que están a facer as realizadoras e realizadores máis novas, o FICBUEU volverá convidar ao público a participar en coloquios, ou en diferentes actividades relacionadas coa sétima arte. Volven tamén a música ou a ruta de tapas pola vila mariñeira. Bueu é o centro do Festival. A partir do 16 de setembro, co MINIFIC, volverán as actividades con centros de ensino da zona de Bueu ou a sesión familiar de proxeccións.

Nova imaxe

O Festival xa publicou nas súas canles en redes sociais a súa imaxe para esta décimo sétima edición, moi relacionada coa proposta deste ano para a sección Retrospectiva, que o FICBUEU vaille adicar a un dos principais creadores de cinema experimental da segunda metade do século XX.  

Antes do inicio oficial do Festival,  haberá proxeccións na praia. Xa o fixera o ano pasado. A partir do 6 de setembro, volve toda a actividade do FICBUEU.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
← Volver

Curtas por unha Palestina libre

FICBUEU

BUEU. 29.05.2024. Unha das curtametraxes conta a vida de Layla, unha nena que dende o campo de refuxiados no que vive no estranxeiro imaxina a súa Palestina natal. Noutra das curtas, a anciá Oum Amin volve percorrer, de forma virtual, a cidade de Haifa, en Gaza, na que nacera e medrara antes da ocupación israelí. Son os argumentos de dúas das cinco curtametraxes palestinas que o FICBUEU proxecta o xoves 13 de xuño no Centro Social do Mar de Bueu (20.30 horas).

A recadación íntegra será destinada á ONG Medical Aid for Palestinians, que presta axuda sanitaria á poboación da Franxa. As entradas para esta actividade solidaria teñen un prezo de 3 euros. Están á venda na tenda en liña do FICBUEU. Ademais, dende a mesma tenda en liña na que xa están á venda as entradas solidarias, quen así o queira tamén poderá facer un donativo malia que non vaia asistir. Haberá un produto só para donativos: as persoas poderán elixir canto diñeiro doan mercando entradas para apoiar ás vítimas en Gaza aínda que non van asistir á sesión.

O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) decidiu, en relación coa invasión de Gaza, excluír na súa vindeira edición calquera filme que obtivese financiación pública de Israel ou de calquera entidade pública ou privada que apoie o xenocidio do pobo palestino. O FICBUEU celebra a súa 17ª edición entre os días 6 e 21 de setembro. Coma cada ano, curtametraxes chegadas dende todo o mundo competirán na súa sección oficial. 

Cinco olladas palestinas

A cooperativa compostelá Numax encargouse da selección das obras, de facilitar a loxística das copias e do subtitulado das curtas ao galego. A escolma fíxose a partir do catálogo de Another Gaze unha plataforma informativa dixital e en papel centrada no cinema e no feminismo que ademais é parte do proxecto polo que o FICUBUEU organiza esta sesión solidaria dende a súa orixe.

Catro das curtas que se proxectarán son producións da última década.  

Road to Palestine (Estrada a Palestina) é de 1985. Realizada por Layaly Badr, conta a vida da nena Layla: chegou ao campo de refuxiados logo de ser ferida nun bombardeo israelí en Gaza no que morreu o seu pai; ela e os seus amigos do campamento imaxinan como será o seu país, que non coñecen.

En The White Elephant (O Elefante Branco, 2018), Shuruq Harb compón o retrato dun adolescente palestino nos anos 90 empregando coma espello a cultura pop israelí. Faino a partir de imaxes compartidas na internet por soldados israelís durante a Guerra do Golfo, da primeira Intifada, ou de reunións de música trance.

Your Father Was Born A 100 Years Old, And So Was The Nakba (O teu pai naceu hai 100 anos, e así era a Nakba (2017), de Razan AlSalah, relata a historia da anciá Oum Amin percorrendo, de forma virtual, a súa Haifa natal. O filme é de 2017.

The Silent Protest: Jerusalem 1929 (A protesta silenciosa: Jerusalén 1929) foi realizada por Mahasen Nasser-Eldin en 2019. Recupera a historia da mobilización protagonizada por 300 mulleres de toda Palestina chegadas a Jersualén en 1929 para protestar contra o Alto Comisionado Británico da época. 

Completa a programación Electrical Gaza (Gaza Eléctrica, 2015). A súa directora, Rosalind Nashashibi, retrata no filme a Franxa de Gaza coma un mito: illada, atemporal, case inaccesible, extremadamente tensa.

  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
  • CINCO CINEASTAS DESENVOLVEN DESDE HOXE CATRO PROXECTOS DE PELÍCULAS NA II RESIDENCIA FICBUEU NA ILLA DE ONS

    BUEU. 16.10.2024. Cinco novas cineastas traballan desde hoxe e ata o vindeiro martes na Illa de Ons (Bueu, Pontevedra) no desenvolvemento dos seus próximos proxectos cinematográficos baixo a titoría de consolidadas expertas do sector audiovisual. A guionista e directora da premiada cinta 20.000 especies de abejas, Estíbaliz Urresola, lidera as formacións. As e os participantes, […]

    2024-10-16
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido