Celia Rico será a titora da 3ª edición da Residencia FICBUEU, que terá lugar na Illa de Ons

A guionista e directora de cine Celia Rico liderará unha semana de traballo inmersivo na Illa de Ons

A convocatoria da 3ED Residencia FICBUEU pechou cun récord de participación: máis de 200 propostas recibidas para optar a unha das cinco prazas deste programa formativo dedicado ao tratamento integral de curtametraxes 


Bueu, 13 de outubro 2025 – Durante sete días, cinco cineastas vivirán unha experiencia inmersiva. A encargada de guiar, como titora, o proceso creativo será a guionista e directora Celia Rico, unha das cineastas máis destacadas dos últimos anos. No ano 2018 estreou no Festival de Cine de San Sebastián a súa ópera prima Viaje al cuarto de una madre, coa que gañou un premio Gaudí ao mellor guión. A súa segunda e terceira longametraxe, Los pequeños amores (2024) e La buena letra (2025), foron estreadas no Festival de Málaga, onde recibiron varios recoñecementos. Para o público infantil escribiu o proxecto Mironins (2022), que obtivo un premio Gaudí á mellor película de animación.

Celia Rico

Do 15 ao 21 de outubro, cinco cineastas vivirán unha experiencia inmersiva na Illa de Ons, un enclave natural único que ofrece un contexto privilexiado para o proceso creativo. Ao longo da residencia, estarán acompañadas por un equipo de profesionais de referencia no sector audiovisual.

Celia Rico acompañará de maneira continuada ás participantes durante toda a semana, ofrecendo titorías individualizadas e espazos de traballo conxunto. Completan o equipo para as formacións específicas outras profesionais como a compositora e pedagoga musical Eva Gancedo, especializada en música para cine, recoñecida cun Premio Goya pola súa banda sonora para La buena estrella e cunha ampla traxectoria avalada por múltiples galardóns. A cineasta Noemi Chantada, que nos últimos anos ampliou a súa actividade ao eido da dirección de casting en filmes como O Corno de Jaione Camborda, ou Romería de Carla Simón. Xunto a elas, regresa Lucía Delgado, actriz e pioneira na coordinación de intimidade en España a través de Intimact. Especializada na asesoría sobre diversidade e no acompañamento psicolóxico en rodaxes, centra tamén o seu traballo na divulgación e formación sobre o consentimento e a representación da intimidade en pantalla.

Noemi Chantada
Lucía Delgado
Eva Gancedo

Estas profesionais guiarán ás persoas residentes a través dun modelo formativo que combina actividades compartidas con titorías personalizadas en cada un dos proxectos.

As cinco persoas seleccionadas para participar na 3ED Residencia FICBUEU son:

  • Paula Costa, que traballará en A tu manera, un filme que combina realismo e ciencia ficción para explorar as relacións entre diversos personaxes femininos.
  • Sara Ferro, desenvolverá Németo, unha curtametraxe profundamente enraizada no folclore galego.
  • Andrea Sánchez, que levará a cabo o seu proxecto Vengo de la plaza, unha proposta que sitúa o dó como eixo central da narrativa.
  • Aura Sala, traballará en Un lloc segur, unha curtametraxe de ficción e xénero dramático que ten a transmasculinidade como tema principal.
  • Sara Traba, participará coa súa proposta As cárcavas, un traballo que reflexiona sobre a comunicación, a memoria e o paso do tempo. 
Paula Costa
Sara Ferro
Andrea Sánchez
Aura Sala
Sara Traba

O programa persegue dous grandes obxectivos: fortalecer a calidade e viabilidade dos proxectos, afondando na visión autoral de cada creadora, e proporcionar ferramentas interdisciplinares que melloren o proceso creativo e produtivo.

A 3ED Residencia FICBUEU consolídase unha edición máis como un espazo único para a creación, o encontro e a formación de novas voces no ámbito do desenvolvemento de proxectos de curtametraxe.

A actividade conta coa colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais e co financiamento do Ministerio de Cultura.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.