Co obxectivo de potenciar a incorporación do audiovisual nas aulas, promovendo o seu uso tanto como ferramenta educativa como creativa, levamos traballando nos centros de ensino galegos desde 2017. Deste xeito, desenvolvemos actividades que inclúen a proxección de audiovisuais e a realización de coloquios para fomentar o espírito crítico no alumnado, así como obradoiros e charlas de carácter divulgativo e didáctico. Nestes encontros, buscamos iniciarlos no coñecemento da linguaxe audiovisual e proporcionarlles ferramentas básicas que faciliten o seu uso como medio de expresión.

Cinema con perspectiva

Desde 2023 levamos a cabo o programa “Cinema con perspectiva”, unha proposta da Consellería de Educación da Xunta de Galicia creada para dotar de recursos os centros educativos públicos de primaria e secundaria obrigatoria. Este proxecto contribúe á consecución da igualdade efectiva e de dereitos entre mulleres e homes, á prevención da violencia de xénero e ao respecto pola diversidade afectivo-sexual.

O proxecto ofrece ao alumnado a oportunidade de participar en obradoiros de creación audiovisual ou de asistir a sesións de proxección seguidas dun coloquio.

Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.