Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Un total de 40 centros participan este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’ •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Novas do festival

← Volver

Un total de 40 centros participan este curso no programa ‘Cinema con perspectiva’

FICBUEU
  • O programa ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes nas narrativas audiovisuais
  • O alumnado participante tamén poderá crear unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades publicou o pasado mes a resolución de centros seleccionados para participar este curso no programa Cinema con perspectiva, desenvolvido en colaboración coa asociación cultural FICBUEU.

O programa, dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de ESO, ten como obxectivo educar na identificación e tratamento dos estereotipos sexistas presentes na narrativa do cinema e noutras formas de expresión audiovisual. Así mesmo, o alumnado participante poderá crear un produto (guión, plan de rodaxe, etc.) para pór en escena unha sinxela produción audiovisual con perspectiva de xénero.

O programa desenvolverase ao longo do segundo e terceiro trimestre do curso 2023/24 e divídese en dúas actividades diferentes. A primeira delas consiste na proxección de curtametraxes con temática en igualdade de xénero, que ten como base fomentar entre o alumnado a reflexión sobre o papel da muller na sociedade, a violencia de xénero e as desigualdades. Unha vez concluída a proxección desenvolverase un coloquio que será moderado e dirixido por unha persoa experta, que tratará de estimular a capacidade reflexiva e analítica do alumnado sobre os valores e as mensaxes ocultas en materia de igualdade presentes nas filmacións.

A segunda actividade é un obradoiro educativo para a creación dunha sinxela produción audiovisual. En cada centro educativo participante desenvolverase unha produción audiovisual con temática en igualdade de xénero, sexa curtametraxe, anuncio publicitario, vídeo musical, ou entrevista, entre outros formato. O argumento e a posta en escena reflectirán contidos sobre o significado da igualdade e a equidade entre mulleres e homes, os estereotipos e os roles de xénero, ou o empoderamento da muller, desde unha perspectiva didáctica que permita comprender ao alumnado a realidade desta situación desde o enfoque dun proceso social en construción e de cambio positivo.

A iniciativa enmárcase na Estratexia Galega de Convivencia Escolar, que contempla como un dos seus principios a consecución efectiva da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes e na igualdade de trato e non discriminación as persoas en función da súa condición sexual.

  • Curtas por unha Palestina libre

    BUEU. 29.05.2024. Unha das curtametraxes conta a vida de Layla, unha nena que dende o campo de refuxiados no que vive no estranxeiro imaxina a súa Palestina natal. Noutra das curtas, a anciá Oum Amin volve percorrer, de forma virtual, a cidade de Haifa, en Gaza, na que nacera e medrara antes da ocupación israelí. […]

    30/05/2024
  • A SEGUNDA RESIDENCIA FICBUEU ESTARÁ TITORIZADA POLA CINEASTA ESTIBALIZ URRESOLA

    Carmen Ávalos, Tábata Cerezo, Lucía Delgado e Beli Martínez completan o equipo de formación Bueu 06/05/2024 — A II edición da Residencia FICBUEU, que terá lugar durante o mes de outubro, anuncia hoxe o equipo de profesionais que acompañarán ás e aos residentes durante a súa estancia na Illa de Ons. O programa formativo, dedicado […]

    06/05/2024
  • Convocatoria de participación no FICBUEU 2024 para escolas e facultades

    Bueu, 30 de abril de 2024 — O FICBUEU anunciou hoxe a apertura da convocatoria da súa sección escolas para a 17ª edición do festival. Tratase dunha sección que dende hai varios anos configura un espazo dentro do certame adicado ao traballo audiovisual que se está a realizar nos centros de ensino e nas facultades […]

    30/04/2024
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content