Cinema e radio: xa dispoñibles os podcasts feitos durante o FICBUEU 2023

“Café Derby 21”, “Kinótico”, “El cine de Lo Que Yo te Diga”, “Cine Divergente” e “Saltos de Eje” veñen de publicar os seus capítulos gravados durante a 16ª edición do certame

O primeiro dos programas da sección Cinema e Radio, Café Derby 21 fixo un repaso polas curtas da Sección GZ_00, utilizando o tema do “humano” como fío conductor. Como convidadas, interveñen as cineastas Lucía Estévez e Miguel Canalejo, participantes na sección coas súas curtas “O neno sardiña” e “O coidado”:

Na xornada do martes o equipo de Kinótico foi o encargado de protagonizar esta franxa horaria da programación do FICBUEU 2023, abordando a actualidade dos certames cinematográficos e centrandose nos títulos que comezan a súa carreira aos Oscar. No episodio participou tamén María Ruiz-Falcó, co-directora do FICBUEU, que falou sobre a traxectoria do certame:

El Cine de Lo Que Yo Te Diga, que xa visitara Bueu en 2019, voltaron a vila para falar esta vez con Félix Brixel (director da curta Ulises), Nena Van Driel (guionista de Magma e Ma mere et moi) e Andrea Zapata Girau (directora de Ruovesi) sobre os seus traballos e o formato curtametraxe:

O xoves 14 foi o turno de Cine Divergente cuxo equipo estivo acompañado da directora de Ruovesi, Andrea Zapata Girau, nunha conversa arredor do formato curtametraxe dende diferentes perspectivas.

O peche da programación Cinema e Radio do FICBUEU 2023 correu a cargo de Saltos de Eje coa presenza de Beli Martínez (docente e produtora en Filmika Galaica), Manuel Pena e Nerea Lores (co-director e co-directora do certame). O podcast conducido por Diego Rufo estivo dedicado nesta ocasión a reflexionar sobre o estado actual da industria cinematográfica.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.