Ademais da intensa actividade dos meses de setembro e outubro, co desenvolvemento do Festival Internacional de Cinema e a Residencia de Creación, o proxecto FICBUEU esténdese ao longo de todo o ano, levando a cabo sesións de proxeccións, obradoiros, charlas formativas e colaboracións de diversa índole.
Todo este traballo estrutúrase en catro liñas de actuación: a participación noutros festivais de cinema, as colaboracións con eventos ou entidades culturais, o fomento do audiovisual nos centros educativos e as actividades da nosa propia Área Social.