Aberta a convocatoria de participación para os centros de ensino 

A Sección Escolas do FICBUEU conta con tres categorías para diferentes niveis educativos

Bueu, 28 de abril de 2023 — O FICBUEU anunciou esta semana a apertura da convocatoria da súa sección escolas para a 16ª edición do festival. Tratase dunha sección que dende hai varios anos configura un espazo dentro do certame adicado ao traballo audiovisual que se está a realizar nos centros de ensino e nas facultades e escolas de cinema. 

A Sección Escolas conta con tres categorías competitivas: Educación Especial, Infantil e Primaria e Educación Secundaria (ambas para os centros galegos) e Facultades e Escolas de Cinema (aberta tanto a institucións internacionais como de toda Galicia).

As bases da convocatoria e o formulario de inscrición das curtametraxes poden atoparse na páxina www.ficbueu.com/informacion que permanecerá dispoñible ata o 15 de xuño, día no que pecha a participación. 

Poderán inscribirse todas as obras audiovisuais realizadas durante os cursos escolares 2021/2022 e 2022/2023 que non teñan participado no certame en pasadas edicións e pertenzan a calquera centro de ensino, facultade ou escola de formación audiovisual con sede na comunidade galega, coa excepción das escolas de cinema internacionais.

As obras seleccionadas para conformar a Sección Escolas FICBUEU 2023, serán anunciadas o 1 de agosto de 2023 e poderán optar a un dos catro premios da sección: Mellor Curtametraxe de Educación Primaria: Trofeo e material audiovisual por valor de 150€, Mellor Curtametraxe de Educación Secundaria: Trofeo e material audiovisual por valor de 150€, Mellor Curtametraxe de Escolas Intenacionais, e Mellor Curtametraxe de Escolas de Imaxe e Son e Facultades Galegas: Trofeo + Formación audiovisual por valor de 250€.

As curtas gañadoras coñeceranse durante Gala Escolas Galegas FICBUEU 2023 que terá lugar en setembro durante a semana do MiniFIC en colaboración con Kalandraka e a Fundación Novas.

Comparte o teu aprecio
Ir o contido
FICBUEU
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.