Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility Cultura e mecenado • FICBUEU
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINEMA DE BUEU

Cultura e mecenado

A Asociación FICBUEU é unha entidade sen ánimo de lucro cuxo principal obxectivo é o desenvolvemento de actividades relacionadas coa divulgación cinematográfica, principalmente o Festival Internacional de Cinema de Bueu. 

Alén da financiación pública recibida, o FICBUEU destaca pola rede de apoios privados que conseguiu dende os seus orixes en 2008, un texido fundamental para a evolución e desenvolvemento do certame así coma do resto de proxectos da asociación. 

Se tes interés en colaborar co FICBUEU e os seus proxetos, existen diferentes formas de contribuír para as que podemos facilitar máis información en info@ficbueu.com.

O FICBUEU conta co Selo de Cultura e Mecenado concedido polo Ministerio de Cultura y Deporte, a través da Unidade Cultura e Mecenado (dependente da Subdirección General de Promoción de Industrias Culturales y Mecenazgo), que ten como obxectivo avalar as institucións que o teñen, para fomentar o mecenado cultural, dando visibilidade aos proxectos que destaquen neste ámbito.

QUE É O MECENADO?

A RAE define o mecenado como “a protección ou axuda dispensadas a unha actividade cultural, artística ou científica”.

A contribución do sector privado na consecución de fins de interese xeral recoñécese na nosa normativa a través da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado. A efectos desta Lei, enténdese por mecenado a contribución privada ao financiamento de actividades de interese xeral.

QUE APORTACIÓNS PODEN FACERSE?

  • Donativos e donacións dinerarios, de bens ou de dereitos.
  • Cotas de afiliación a asociacións que non se correspondan co dereito a percibir unha prestación presente ou futura.
  • A constitución dun dereito real de usufructo sobre bens, dereitos ou valores, realizada sen contraprestación
  • Donativos ou donacións de bens que formen parte do Patrimonio Histórico Español, que estén inscritos no rexistro de BIC ou Inventario Xeral.
  • Donativos o donacións de bens culturais de calidade garantizada en favor de entidades que persigan entre os seus fins a realización de actividades museísticas e o fomento e difusión do patrimonio histórico artístico.

QUEN PODE BENEFICIARSE?

  • As fundacións.
  • As asociacións declaradas de utilidade pública.
  • As organizacións non gobernamentais de desenvolvemento ás que se refire a Lei 23/1998, do 7 de xullo, de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.
  • As delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.
  • As federacións e asociacións das entidades sen fins lucrativos ás que se refiren os parágrafos anteriores.
  • O Estado, as Comunidades Autónomas e as Entidades Locais, así como os Organismos autónomos do Estado e das entidades autónomas de carácter análogo das Comunidades Autónomas e das Entidades Locais.
  • As universidades públicas e os colexios maiores adscritos ás mesmas.
  • O Instituto Cervantes, o Institut Ramon Llull e as demais institucións con fins análogos das Comunidades Autónomas con lingua oficial propia. 
  • Os Organismos Públicos de Investigación dependentes da Administración Xeral do Estado.
  • Outras entidades recollidas nas Disposicións Adicionales da Lei.

Cada ano a Lei de Presupostos Xerais do Estado establece unha serie de actividades prioritarias de mecenado. As donacións en favor destas actividades obteñen unha deducción dun 5% adicional aos incentivos fiscais xerais.

QUE INCENTIVOS FISCAIS EXISTEN PARA AS DOAZÓNS REALIZADAS POR PERSOAS FÍSICAS?

  • Micromecenazgo: os primeiros 150 euros doados teñen unha dedución do 80% na cota íntegra do IRPF.
  • A cantidade doada que exceda de 150 euros ten unha dedución do 35% na cota.
  • Fidelización: nas doazóns poderase aplicar unha dedución do 40% (no canto do 35% xeneral) sempre que se efectuaron donativos pola mesma ou maior cantidade á mesma entidade nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores.
  • A dedución ten un límite do 10% da base liquidable no IRPF.

QUE INCENTIVOS FISCAIS EXISTEN PARA AS DOAZÓNS REALIZADAS POR PERSOAS XURÍDICAS?

  • A cantidade doada ten unha dedución na cota do Imposto de Sociedades do 35%.
  • Fidelización nas doazóns: poderase aplicar unha dedución do 40% (no canto do 35% xeneral) sempre que se efectuaron donativos pola mesma ou maior cantidade á mesma entidade nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores.
  • A dedución ten un límite do 10% da base impoñible do período impositivo. As cantidades que excedan deste límite poderanse aplicar nos períodos impositivos que conclúan nos dez anos inmediatos e sucesivos.

EN QUE SE TRADUCEN A EFECTOS PRÁCTICOS?

Se unha persoa física doa 150 euros a unha entidade non lucrativa que está entre as posibles receptoras de mecenado:

  • O contribuínte deduce 120 euros (o 80% da cota) no seu IRPF.
  • É dicir, o custo dunha doazón de 150 euros é realmente de 30 euros. Por tanto, a entidade elixida recibe 150 euros, dos cales 30 veñen do doante e 120 son unha subvención indirecta de Facenda

Se doa 500 euros:

  • Dos primeiros 150 euros dedúcese o 80%, polo que o contribuínte recupera 120 euros.
  • Dos restantes 350 euros dedúcese o 35%, polo que o contribuínte recupera 122,5 euros.
  • Por tanto, en total o contribuínte recupera 242,5 euros.

Se doa 500 euros e trátase dunha doazón fidelizada:

  • Dos primeiros 150 euros dedúcese o 80%, polo que o contribuínte recupera 120 euros.
  • Dos restantes 350 euros dedúcese o 40%, polo que o contribuínte recupera 140 euros.
  • Por tanto, en total o contribuínte recupera 260 euros.

Se doa 500 euros a unha actividade prioritaria de mecenado e trátase dunha doazón fidelizada:

  • Dos primeiros 150 euros dedúcese o 85% (a porcentaxe habitual aumenta un 5%), polo que o contribuínte recupera 127,5 euros.
  • Dos restantes 350 euros dedúcese o 45% (o 35% habitual aumenta un 5% por fidelidade na doazón e outro 5% por tratarse dunha actividade prioritaria de mecenado), polo que o contribuínte recupera 157,5 euros.
  • Por tanto, en total o contribuínte recupera 285 euros.

Para máis información, consúltese a Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado.

O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Skip to content