Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • Curtametraxes de Lituania, Estados Unidos, Brasil, Canadá e España compiten mañá no FICBUEU •

Novas do festival

← Volver

Curtametraxes de Lituania, Estados Unidos, Brasil, Canadá e España compiten mañá no FICBUEU

FICBUEU

A selección do terceiro día de proxeccións da “Sección Oficial” reúne un filme experimental ambientado en Andorra e outras catro películas que exploran as relacións familiares

CINE CON PERSPECTIVA FEMININA PARA ABRIR A “SECCIÓN OFICIAL”

O cine con perspectiva feminina caracterizou o bloque de filmes co que onte comezou a «Sección Oficial» do Festival Internacional de Cine de Bueu. 4 dos 5 filmes proxectados están dirixidos por mulleres. O público puido ver as películas «Lemon Tree», da estadounidense Rachel Walden; «L’été des chaleurs», da directora canadense Marie-Pier Dupuis;  «If you are happy» dirixida pola británica Phoebe Arnstein; e «3 MWH», da creadora checa Marie-Magdalena Kochová. A lista de proxeccións de onte luns complétaa «O frio», obra do galego Pablo Dopazo.

PREME NESTE ENLACE PARA ACCEDER A MÁIS IMAXES

10.09.24. BUEU. O Festival Internacional de Cinema de Bueu alcanza mañá o ecuador da súa «Sección Oficial». O terceiro día de proxeccións reunirá cinco curtametraxes que competirán ata o sábado cos outros 24 en concurso por entrar no palmarés do FICBUEU 2024. Chegan de diferentes latitudes. De Europa, en concreto de Lituania España, e, do outro lado do Atlántico, dos Estados Unidos, Brasil Canadá. Exhibiranse ás 19.00 horas e repetirase o pase ás 21.30 horas.

Catro dos curtos deste bloque que se mostrará en proxeccións separadas ás 19:00 h e ás 21:30 h coinciden na súa proposta temática: exploran as relacións familiares, aínda que desde diferentes perspectivas e en distintas épocas.

Obraza (Resentimento) é obra do director lituano Gleb Osatinski. Estivo nomeada na Berlinale e o certame de Bueu foi o elixido para a súa estrea en España. Ambientada na Ucraína soviética dos anos 90, presenta durante media hora a Yasha, un adolescente de 17 anos que se rebela contra a autoridade e cre que poderá emigrar coa súa familia a Nova York: cando seu pai se opón, emprende unha viaxe que o conducirá a un dano irreparable.

Unha obra de animación e unha viaxe en pleno conflito bélico

Do xénero animado é Un trou dans la poitrine (Un burato no peito), de Alexandra Myotte Jean-Sébastien Hamel, un dúo de guionistas e directores afincados en Montreal. Esta peza multipremiada de once minutos conta a historia de dous irmáns abandonados á súa sorte, Zoé e Théo, que deben afrontar os problemas da súa relación nun abafante día de verán. Julia Elihu, escritora e directora iraní-estadounidense cuxo traballo abarca o panorama narrativo, documental e comercial (creou pezas para clientes como Nike ou Amazon), asina In the garden of tulips (No xardín dos tulipáns), a última viaxe en coche dunha moza co seu pai pola campiña iraniana en plena guerra do seu país con Iraq. De novo, o FICBUEU acolle a súa estrea en España. Pola súa banda, Ruído da pele, ficción rodada polo brasileiro Gustavo Milan, aborda a relación íntima entre unha nai e o seu fillo de 12 anos e como chega ao seu fin cando o neno experimenta o seu primeiro espertar sexual.

Unha película sobre outra película

Só Frialdad se sae en certo modo do guion temático deste bloque de proxeccións. Non hai familia protagonista neste primeiro curto da directora española Andrea Sánchez. É unha película experimental sobre un filme de terror de serie B de dous directores andorranos que nunca chegou a estrearse e sobre como, invocando ensaio tras ensaio ese filme maldito, Andorra convértese en escenario doutra película de medo da que nin os seus habitantes poden escapar.

Coloquio con cineastas

Andrea Sánchez será precisamente unha das cineastas convidadas para manter unha conversa mañá cos espectadores do FICBUEU. No coloquio co público, tamén participará o director de Obraza. Será ás 20.30 horas, entre os dous pases das películas.

  • BUEU escolle a Mellor Curtametraxe Holandesa

    Bueu, 10/ 01/ 2025 – Shortcutz Amsterdam invita un ano máis ao público do FICBUEU a participar na elección da curtametraxe holandesa favorita do público. Shortcutz Amsterdam é un movemento internacional de curtametraxes que se converteu nunha das maiores plataformas dos Países Baixos para o cinema neerlandés. Esta plataforma brinda oportunidades de exhibición e conecta audiencias […]

    2025-01-10
  • O FICBUEU programa a súa primeira Noite de festivais en colaboración con outros certames internacionais

    Bueu, 20 de novembro de 2024 – O próximo 30 de novembro terá lugar no Centro Social de Bueu a primeira “Noite de festivais”. Un evento organizado polo FICBUEU baixo o seu programa de colaboracións internacionais no que achegarán ao público catro curtametraxes procedentes doutros catro certames.  As curtametraxes foron propostas polo Edimburgh Short Film […]

    2024-11-19
  • O FICBUEU colabora este mes con diferentes festivais europeos

    Bueu, 4 de novembro de 2024 – O Festival Internacional de Cinema de Bueu (FICBUEU) desenvolve a súa labor de posta en valor da curtametraxe máis aló do evento que cada no se realiza en Bueu.  Logo da 17ª edición do FICBUEU as diferentes actividades programadas para este 2024 seguen en marcha coincidindo este mes […]

    2024-11-04
O teu carriño 0
Non hai produtos na cesta!
Continuar comprando
0
Ir o contido