A programación do FICBUEU 2019 contará cun amplo abano de proxeccións e actividades, con tres tipos de acceso:
– Actividades de entrada libre.
– Actividades de balde, retirando invitación no despacho de billetes.
– Actividades para as que é preciso mercar unha entrada ou abono.
Na nosa tenda podes mercar as túas entradas. Tan só tes que seleccionar a actividade á que queres asistir e cubrir o formulario cos teus datos. Ao completar o proceso de compra recibirás un correo electrónico de confirmación, que deberás presentar para recoller as túas entradas físicas no despacho de billetes do FICBUEU situado no Centro Social do Mar.
Horario do despacho de billetes:
Venres 6 – de 17:00h a 22:30h
Sábado 7 e domingo 8 – de 10:00h a 12:30h e de 17:00h a 22:30h
Do luns 9 ao venres 13 – de 16:30h a 22:00h
Sábado 14 – de 10:00h a 12:30h
Podes poñerte en contacto con nós no correo electrónico producion2@ficbueu.com ou ben no teléfono 657625913