Please ensure Javascript is enabled for purposes of website accessibility FICBUEU • El FICBUEU acerca las prácticas de la EOC y el IIEC a Porto •
FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE DE BUEU

Noticias del festival

← Volver

El FICBUEU acerca las prácticas de la EOC y el IIEC a Porto

FICBUEU

Severiano Casalderrey, autor do Caderno FICBUEU#3, presentará o seu contido ao público luso

O pasado 16 de novembro comezou o Porto/Post/Doc, festival que ten lugar en Porto (Portugal) e que adica a súa programación ao mundo do documental. Con orixe en 2014, o certame ofrece nesta nova edición unha programación de ata 11 días na que o equipo presenta un conxunto de filmes desafiadores e arriscados para o gozo do público.

As seccións competitivas do festival, como a Internacional, Cinema Falado, Cinema Novo e Transmission, configuran entre todas e en palabras do equipo “unha selección con grande capacidade de reconciliarnos coas nosas historias que, dalgunha forma, fanse visibles aquí (ben polo espiritu de descuberta de novos nomes, ben polo apego aos temas tratados polas autoras e autores). Este é, polo tanto, o lugar do cinema, das e dos cineastas, das e dos artistas orixinais e fieis a unha linguaxe que nos fai sentir parte dun todo e que atopa no cinema a forza necesaria para resistir aos totalitarismos e á manipulación de masas”.

Alén de todas as sesións de proxeccións que presenta o festival e que inclúen filmes de carácter internacional, a programación oferta unha serie de actividades paralelas dende as relacionadas co cinema como laboratorios de creación, encontros profesionais ata aquelas máis liagadas á arte máis vangardista como instalacións, sesións musicais, etc. 

Entre elas, o público poderá atopar este ano a presentación do Caderno FICBUEU#3, que terá lugar no marco do LABCeuta, unha sección do festival adicada a actividades en torno á reflexión do cinema como medio de expresión artística e de exploración de realidades que se realiza no emblemático Café Ceuta, punto de encontro histórico para os amantes do cinema na cidade de Porto. Será o mércores 23 ás 15:30, aberto ao público xeral e estará conducida por Severiano Casalderrey, autor desta edición. 

Por outra banda, parte da dirección do FICBUEU estará presente neste Porto/Post/Doc co fin de asistir ás proxeccións, aos encontros profesionais e tecer redes coa industria cutural do país veciño.

Máis información na páxina do PORTO/POST/DOC.

  • Se abre el plazo para presentar obras al 16º Festival Internacional de Cine de Bueu

    La recepción se prolongará hasta el 15 de marzo a las 14:00h y los trabajos seleccionados se proyectarán en el FICBUEU 2023 del 9 al 23 de septiembre El FICBUEU abre el plazo para la presentación de obras a la 16ª edición del Festival Internacional de Cine de Bueu (Pontevedra), que tendrá lugar entre el […]

    05/12/2022
  • El FICBUEU acerca las prácticas de la EOC y el IIEC a Porto

    Severiano Casalderrey, autor do Caderno FICBUEU#3, presentará o seu contido ao público luso O pasado 16 de novembro comezou o Porto/Post/Doc, festival que ten lugar en Porto (Portugal) e que adica a súa programación ao mundo do documental. Con orixe en 2014, o certame ofrece nesta nova edición unha programación de ata 11 días na […]

    21/11/2022
  • El FICBUEU continúa con su compromiso con el desarrollo sostenible

    Durante la 15ª edición del festival y más allá del evento la organización lleva a cabo diferentes iniciativas relacionadas con la Agenda 2030 Cada año el equipo trabaja en la mejora de estas medidas y en la implantación de novedades que supongan avances de cara a la consecución de los ODS Uno de los compromisos […]

    14/10/2022