Nova sesión aberta ao público na que se amosarán os mellores traballos realizados por estudantes de cinema en distintos países.

VENRES 18 ÁS 11:00H
FAVORITEN FAVORITOS MARTIN MONK 2019 / AUSTRIA / 18 MIN. - Lia Wilfing, Christian Dolezal

Despois dunha discusión coa súa nai, Sofia fai autostop cara o sur na procura do pai que nunca tivo. Cando coñece ao malhumorado enxeñeiro Michael, que acepta levala de mala gana, os dous descoñecidos forxarán unha improbable amizade.

DCERA FILLA DARIA KASHCHEEVA 2019 / REPÚBLICA CHECA / 14 MIN -

Deberías esconder a túa dor? Pecharte no teu mundo interior, chea de nostalxia polo amor do teu pai e como o sentías? Ou deberías entender e perdoar antes de que sexa demasiado tarde?

AVANT NOTRE HEURE ANTES DO NOSO TEMPO CHLOÉ TERREN 2019 / FRANCIA / 23 MIN. - Marie Bray, Matthieu Sampeur

Raphaël coida do piso da súa avoa mentres ela se encontra nunha residencia. Cóntalle que pasa cos veciños, o que ve a través da xanela. Pero cando comeza a constuírse unha nova urba- nización e as torres comezan a quedar vacías, Raphaël, que non se atreve a contar a verdade, comeza a mentir.

CITY OF CHILDREN CIDADE DOS NENOS ARANTXA HERNÁNDEZ BARTHE 2019 / REINO UNIDO / 16 MIN. -

Como é crecer nun lugar que todo o mundo esqueceu? Este filme é un retrato da mocidade nunha vila do norte de Inglaterra. Tyler, un rapaz de 16 anos que nunca foi á escola, guíanos por este lugar onde coñeceremos a unha serie de diversas persoas, cada unha facendo a súa vida nesta localidade.

ONDERHUIDS BAIXO A PEL EMMA BRANDERHORST 2019 / HOLANDA / 19 MIN. - Isis Braam, Yentl Meijer, Nisrine Aghrab Miou

A amizade entre tres rapazas que fan natación sincronizada vese amenazada por tensións e envexas. O desexo de encaixar destrúeo todo.


Consulta aquí o programa completo do festival Volver arriba